mércores, 23 de marzo de 2011

tita, a mellor!



Hoxe levanteime tarde, coa gorxa mal outra vez, pero soñando coa fin de, xa que terei un par de días igualiños a canda nena: chicle (ese prato delicioso que inventamos miña irmá e máis eu de pequenas é que consistía en derreter queixo de sandwiches -na tostadora, este era o noso toque- e que anos despois me enteirei que tamén existía en Italia (e en Franza!) aínda que con outro tipo de queixo e non pasado pola tostadora- jejejeje), champú de cores e cake feito por nós mesmas.

Así que soño coas algodonosas ás do avión, con tódolos libros que levarei para o entrementras. Estremas de Romaní, Diario de Golondrina de Nothomb -niña cursi: lee a Amélie Nothomb, esta frase de Luna encántame- e seguramente non poderei voar sen os meus últimos e amados descubrimentos: Night Club para alumnas aplicadas e Cero. E Na punta do pé, de Kalandraka que espero mercar aló. E nos ouvidos, a banda sonora dalgunha peli do benamado D.Argento -ou ben podería facer sonar toda unha peli, cal audiolibro no que houbera que imaxinar qué pasa, e sobre todo de qué cores pintaríamos a pantalla!-. Siiiiiiiiiii, será unha viaxe deliciosa, que degustarei na súa desmedida, tentando alongar as poucas horas libres e degustalas como un bombón riquísimo dun deses países chocolateiros que tan preto quedan de Italia e de Franza.

iupi!



[Foto: AVT;  Ollade quen andaba xa sempre con botas, na praia agora, en pijama canda nena. Que marabilla ter irmauciñas, a min tocoume en sorte a mellor rizosa que se podía soñar, este post é para ela!]





1 comentario: