Que ganas teño de ver ese Cisne negro, cisne branco do que ninguén fala máis está por todas partes.
Voltarei ó interrogante sobra a miña cabeza ó pensar na perfección, na condición obsesiva, na vertical liña recta? Sexa como sexa, convídovos a este magnífico espazo da Asociación Galega de Saúde Mental para estar ó día de primeira man na actualidade en Galicia, e en particular para saber da loita que levan abertas dende fai xa uns aniños as/os valentes desta asociación apostando por unha OUTRA PSIQUIATRÍA, menos química, máis respetuosa coa voz das persoas que buscan apoio na "ciencia" ou ás que non lles queda outra, máis aberta e sincera! Agora -e dende fai moito- reclaman medidas hospitalarias sanas e urxentes, cambios por dereito, condicións de traballo e sobre todo de vida -para a xente que vive no centro psiquiátrico- dignas e se pode ser, mellor ca iso. Déixovos logo o blogue onde colgan a novas, as chamadas e ata reseñas de cine, como vos dicía ó principio, esta vez sobre o cisne negro e tamén cisne branco que nos mira de esguello paseando silandeiro por toda a lagoa. Eu aínda non leo o texto que prefiro degustar a peza antes, eu aínda non o miro que non quero quedar hipnotizada nese vals puro, no espello d'auga.
[Fotos: c Ren Rox e outra portada para a novela As furias]
Ningún comentario:
Publicar un comentario