martes, 15 de marzo de 2011

Carta nouturna escrita con pluma(s)

***[non vos recomendo clickar nos enlaces ós que non vistes a peli e queredes vela!]***




Saimos do cine con faíscas nos ollos, os pés máis lixeiros, os pasos duros sentindo a pel propia, tirante ó  ser conscientes dela. Saímos do cine aínda dentro do soño, e as nosas faces estaban disociadas e as nosas cores, as do día e a noite tolamente separadas; as nosas enerxías diferenciadas, os nosos líquidos internos correndo por carreiros paralelos. Sangue e suor, unllas e pelo, ollos e boca. Tul e plumas. Tinta e cuspe, desexo e morte. Cada par trócase alleo, loita polo seu reino. Entón, para romper o xugo, comezamos a falar...
falamos das pelis dos 60 e dos 70, e eu pensei sobre todo na miña favortitísima Repulsión, falamos do medo ás bonecas rotas, e eu pensei en Darío Argento, que tanto pracer nos dá a través dese medo históricamente noso, feito terror.
Siiiiiiiiiiiiiii, e agora escrébesme que o teu crítico de referencia fala disto mesmo, e ogallá ademáis das noqueantes Zapatillas vermellas tamén fale de moitas outras obras, e eu poda facer a miña lista interminábel de películas oníricas, de realidades subxectivísimas, de miradas atentas ó respiro da terra, ese que só oen, amplificado cal latexo propio, os bechos e nós, as monstras.



PD: aquí o cisne branco no cartel de España&Portugal.

2 comentarios:

  1. mañana, mañana la voy a ver al cine.

    ResponderEliminar
  2. vas flipar!!! polas túas fotos penso que vas flipar... ;)

    ResponderEliminar