Que difícil é atopar información sobre o libro Cero de Oriana Méndez na rede, hai moitas outras persoas que se chaman igual ca ela, e sobre os resultados de cero, imaxinade o número de referencias que saen ó pulsar o click!
Pero tiven sorte e o Diario Cultural da Radio Galega tivo a ben levala ó programa ou contactar con ela por teléfono e así puiden oir a voz desta escritora que me ten fascinada... e saber máis deste estraño e poderoso libro.
Aquí vos deixo o enlace, espero que non sexa efímero, pois non vexo claro que pervivan todos os programas tal e como sae a gaioliña. Se o queredes escoitar estes días, está no programa do venres (no minuto 47, aínda que todo o programa é interesante!)
Hoxe si imos ver CISNE NEGRO e celébroo con este poema, que non vai do mesmo, pero me gusta achegar imaxinarios cando a palabra, a forma coincide... como combinar cores, ou elexir sabores.
ASÍ, desta maneira que vedes
espidos coma os dedos máis espidos
dos arrabaldes desta cidade
decidimos arder todos os documentos que nos
relacionaban
cos cisnes de colo negro
Coñecemos ben esa clase de cisnes
habitan as augas do sur
e neste continente son os únicos representantes
dos cygnus lunares
Entón as galaxias, invertebradas
Os planetas coma a lava
A linguaxe as propias conexións neuronais
a capacidade de manifestarse
arrasar
Nós non elevamos as nosas extremidades
ata o confín destas augas
aquí fermentan os ollos o sal nos ollos a pel a lepra
Os planetas coma a lava A pel A lepra
Coñecemos ben esa clase de cisnes
os únicos representantes dos cygnus lunares
E nós a lepra
nós a ponte que é a disección dun albatros:
expandido e infinito
partindo o mundo entre este escuro o horizonte
revolvéndose coas illas
Entón as galaxias, invertebradas
No ventre da ría dos rostros un sepulcro
contra outro sepulcro
e todos respirando sobre as ondas
A dor así, desta maneira que vedes
espida coma os dedos máis espidos
dos arrabaldes desta cidade
decidiu arder todos os documentos que a
relacionaban
cos cisnes de colo negro
A dor axexa a illa
Son os ollos mouros dos torturados
que se baten contra ela
o bafo amarelo dos torturados
o cerebro
as moscas
a febre
ORIANA MÉNDEZ, Cero, Galaxia, 2011
Me alegro de que te guste nuestro blog. Gracias por tus palabras.
ResponderEliminarUn saludo
Juan
Cisne Negro...totalmente subyugante.
ResponderEliminarjose.
si,me encanta!!! noraboísima. jeje. Cisne negro impresionante,ssiiiiiiiiiiiiiiiii
ResponderEliminar