A sombra éo todo á noite
Nada se ve fóra dela, e dentro só un ollo.
E con respecto ao diario propio, ao blog, no que unha escreve, nin che conto... antes todo o pensaba para aquí, o vivido era axiña unha entradiña, tiña a foto, e por moita dor que pasase, estaba ben despois ver o resultado feito letra e carne de píxel, a pantalla enfriaba o meu lume sempre algo esaxerado, secaba as miñas bágoas demasiado fáciles... agora... agora non... sen pantalliña tamén tiven que aprender a non chorar.
E as persoas que coñeces, as persoas que che gustan son outras, non son esas que están aí no seu facebook, no seu twitter, no seu cargo colective. Non son as do youtube e as fotos da festa da pasada noite. As persoas que te rodean son moito máis reservadas na vida, máis lentas -como antes- pero podes estar a un click de saber moito máis delas. De saber da súa linguaxe e do seu sexismo, de saber o xeito de relacionarse e se iso só o fai contigo... Supoño que rematou o tempo en que a sintaxe e o vocabulario que cada un/ha usa, significa algo: de ónde vén e por qué paga, cómo latexa de rápido ou se a súa paixón quedou na casa. Porque agora -aínda que sexas doutra xeración e saibas, e te fixes no xeito de falar das persoas, por moito que te achegues ao seu mundo (propio?)- a representación da realidade está detrás do telón, na imaxe líquida, o círculo baleiro... porque xa se constrúe a identidade antes de saber dela, e xa se teñen fórmulas para sermos