Vai un mes foi a presentación en Avilés do precioso e apaixonado fanzine TEMPUS FUGIT #4, 2011. Este número está cheo de reseñas de arte: Remedios Varo; de cine: Herzog; de música: Atomizador, Smoking Room... e de entrevistas: Montañas, Prisma en Llamas... e Humor Vítreo. Aquí vos deixo documentada a nosa, esta última. Lembrade que para lela só tedes que clickar na foto que se agranda...
Viva a punkderfonía!
Cunha copia en papel podédesvos facer aquí. Mil grazas dende aquí a Pablo polo convite no 2009, a entrevista, a fermosa foto e o amor fanzineiro e artístico!!! E tamén a Chechu polo apoio e as ganas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario