Does a smile count when there’s dirt in the fingernails?
Does it count when it’s see-through?
Does it count when it’s see-through?
Is it good when it’s filthy or should we keep it clean?
November 15, 2012
Mercedes Helnwein
Estás nun momento moi delicado
b.
Estás nun momento moi delicado
b.
Un
universo intanxible de días baleiros que non voltarán. As horas
escorréganse entre as coxas do wifi. Desfruto cada parte delas como
o corpo gozará da brisa de finais de Agosto, principios de Setembro,
fronte ao mar. Levo un vestido branco, pertenzo á fruxe do encaixe
e o vaqueiro. Poño a cazadora para sentir o tacto ao abrigarme. O
pelo bate a contraluz da auga. As gaivotas berran sen tic tac.
Arrólome entre a autoxestión e o paro. De bruzos os meus poros
reteñen a suor de anos. A celulosa escama epiderme. Caeu a senrazón
do camiño non deseñado. Isto é o que deixo tras do capital: literatura retida que non acaba de nacer. Ser libreira non é
escribir.
O
intre é agora. Engulir e durmir coma un bebé, postparto. Non
busques a xuventude neste corazón intacto. Acaba de chegar, non ten
nome. Arrebolado pero so, en pé ben cedo pero insomne cada noite,
aquí está a punto de nada. Non busques corazón nesta
xuventude intacta. Dalle unha masaxe cardíaca á vida. Ten un
novo cometido este despreguizarse e valer. Asunto delicado onde
cada minuto conta. Trae coidado, auga e gasas. Vén de esquecer o
que foi antes. Está a nacer, sen présa, un novo eu delicado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario