martes, 30 de xuño de 2015

Filla pródiga




(...)
And national bestsellers about how to 
get pregnant

Ana Carrete 



(...)
Soy el asombro el miedo          el ahínco
el paso firme por baldosas que se mueven.
(Mis labios pueden amar la espina
besar los bordes afilados de la rosa).

Soy la madre asistida por la madre
y firmamos el armisticio con los bisturíes.
(Mi cuerpo se bate contra la patología).

Soy la escriba que registra el latido
de una vida encarnada en la magia.
(Las manos no se ahogan en un mar que anega
camillas y goteros).

Soy recipiente de un líquido inflamable.
La tierra el surco el árbol
la luz alógena de este amanecer.

(Hundo mis pies en lo real y te libero, hija mía,
de los falsos sabios).

María García Zambrano 

Pero eu, filla das miñas fillas, hei desmantelar a golpe de deslumbramentos esta aciaga militancia dunha yolanda emigrante de min. Eu, a soberana estéril, a por desgracia egoísta.

Yolanda Castaño 


Desesperadas como desesperadas á miña idade.
Natalia Manzano regresa do meu pasado e di que fagamos o que fagamos estamos vendidas nas verbas dos outros. 
Hai tantos modelos de familia como persoas, sempre di Alci.
Cando leo nai de dezasete anos penso en b. sempre penso en b. que naceu aos dezaseis anos da dúa nai. b. di que en realidade ela é a cabeza de familia, e que se criaron xuntas: nai adolescente e filla.
Ás veces Ana Carrete lémbrame a Lupe Gómez. Pero non sei se son as súas voces as que se asemellan, ou son eu que as leo como mai e filla que non se coñecen. Gústame esta idea da literatura como gran barriga chea de nais e de fillas. Isto é unha xenealoxía. 
Veño dunha conferencia onde a neta Ángela Ena Bordonada recupera á avoa (da nova muller do século XX) Ángeles Vicente. Abro o instagram e aparece un detalle dunha foto da nosa árbore xenealóxica... Pecho a maleta para mañá, que volto á casa, e atopo un libro a carón dela. Un libro aínda empaquetado: La hija de María García Zambrano. Sorrio. Leo a adicatoria que fala de dor. Leo algún poemas con ansia. Unha filla enferma. Unha neonata branca. Dor pura e inmensa esperanza. 

Todo, incluso eu, cambia e regresa.




Ningún comentario:

Publicar un comentario