luns, 8 de xuño de 2015

ITube, YouTube, SheTube


Organizar os recordos non é unha broma, organizar a roupa nun abrasante domingo, menos.  
Cántos vídeos hai na rede sobre este tema...
Pásame a miña amiga profe varias ligazóns de youtubers. "A nova profesión de moda", dime.  
-"E ti a qué queres adicarte?" pregúntanlles as profes aos alumnos adolescentes.
-"Eu quero ser Youtuber" contestan. 
Con maiúscula.

Véndoos, comezo a entender esas respostas. 
Aquel querer ser famoso como profesión dos dousmil, agora é querer ser youtuber... 
Pero logo está o orguio Youtuber que reivindica alporizado que ise hobie non é pura leria, que traballan a reo.
Eles non sei o que fan, pero moitas delas... miña nai. Une perfeccionismo de rapaza, perseveranza e entusiasmo xuvenil e aquí as tes coméndose o mundo. Mentres as escoito penso no ladyfest, seica ise festival non existe só para celebrar a cultura das rapazas e para que se empoderen? Destas pódese aprender tanto diso...
Vexo ademáis, xa entrando en materia, que estas rapazas non son sexistas, nin semellan crer nos contos de fadas: elas fan e desfan, teñen responsabilidade, son as que viaxan. Por moito que segan cumprindo cos quefaceres do seu xénero (ser as que xestionan a casa, devecen pola beleza e a moda, e desexan por enriba de todo ser nais), son as que filman e editan,sacan a cámara mentres están coas súas parellas, son respetadas e falan falan falan delas, como normalmente na historia só o fixeron eles. 
É verdade que o mercado o traga todo, pero véxoas controlando moito ás marcas que lles ofrecen traballar para elas: "eu non recomendo algo que non me guste, a xente confía en min..." argumentan... amosándolle ao mercado que elas comezaron soas dende abaixo. 
Pois iso, todo un tema. Ben interesante sociolóxicamente e dende a perspectiva de xénero. Habería que ver qué fan todas as que fan videos, quero dicir que eu vin ás tops e debe haber de todo por aí adiante...

Eu, que xa son grande e non teño que pensar a qué adicarme sego ordenando o meu armario ao clásico modo: sen cámaras, sen público, morta de calor, paseniñamente... ;) 


Marta Riumbau / Romper87 no seu canal ordeándoo todo


Ningún comentario:

Publicar un comentario