Fóra do lote de actividades
Rachel Papo
Eu realmente ingresei, hai que dicilo, dúas veces na Robleda. A
primeira, cando quedei sen coñecemento, un día que me desmaiei... Creo
que estiven nove días nos que recuperei forzas. Non podía andar, estiven
cinco días nunha cadeira de rodas. Logo veu a miña filla e a familia de
vacacións. Eu pedín... Non, supliquei ir á casa. Ademais, pensaba que
coa alegría de ver a familia todo iría ben… Pero despois de catro días,
fixen ao revés: supliquei para que me levasen de volta. Entón, eu estaba
mal, pero non tan mal para non poder pensar... E dixen para min: “Aquí
teño que facer algo para superar isto”. E comecei a escribir, como
fixen toda a vida. Porque sempre levei comigo cadernos... Fose a onde
fose. No psiquiátrico non podía ser menos... E comecei a escribir todos
os días... Mira, agora a psiquiatría é moi moderna e ponche un lote de
actividades. Na Robleda podía pintar, facer ximnasia e todas esas
cousas... Pero, iso, a min non me gustaba... Eu prefería escribir. Un
escritor observa todo o que hai ao arredor e alí, á miña beira, había
moito que observar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario