sábado, 6 de xuño de 2015

Son egoísta


Tim Walker

"Estoy extremadamente orgulloso de ser gallego", aseguró el actor en Nueva York durante una entrevista con Efe, en la que reconoció su "admiración total" hacia ese "carácter", marcado, a su juicio, "por la independencia y la determinación a la supervivencia pase lo que pase en España o en el mundo".
Martin Sheen  

 
Eu non quero un país esquecido de si. Eu non quero vivir en castelán en Galicia, que para iso xa teño Madrid. Eu quero un retorno ben feito. Eu non quero voltar a unha Compostela como a que deixei. Non quero que á miña lingua haxa que protexela, nin ter que estar pendente de defendela. Non quero que os nenos falen castelán cando os pais lles falan en galego, como na nosa xeración. Non quero que se repita a historia por sempre. Eu quero naturalidade na fala. E quero coñecer á natureza, ensartillar as miñas verbas nela, tamén falar coas persoas que a poboan e aprender delas. En qué galego escribirei cando escoite falar aos demáis? Eu quero trocar a miña idea de Galicia, e a un tempo contribuir a construir un territorio forte. Quero unha morriña de calidade agora, e en canto pise a miña terra, sentir un país orguioso de selo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario