mércores, 13 de abril de 2011

Trans sempre!

Xa existe un dossier daquelas xornadas, magníficas, Translitterarias, que xuntou a unha morea de creadores arredor da poesía fóra do papel. O texto ampliou horizontes, oteando albiscando ao lonxe o seu futuro, o seu intrépido presente, e moitas sacamos da casa a nosa poesía visual -que proxectamos nas pantallas-, outras percorreron a lírica coa súa voz, como cando a poesía estaba no berce e a falta dunha reproducción automática facía que a memoria fose a canción que a levaba consigo a tódolos corazóns, si...
 Rafa Xaneiro, escuro neno das nosas filas, pero sempre presente, argallou este inmenso acontecemento que uniu provincias e cidades, artistas e públicos, foráneos con desprazados, consagradas con novas na materia...  e tamén disciplinas que si estaban casadas, con outras que seica se coñeceron onte á noite... jeje.

Aquí vos deixo a ligazón na que podedes ver o video dossier e ata descargalo!
uipi!!!



[Foto: mosaico de Transgeneración 1.0, argallada por César González (fotografía), Sofía Rhei e Ignacio Vleming (concepto), Elena Medel, Alejandra Vanessa e María Eloy (organización poética) e Izaskun Gracia, Jahel Virallonga, Yolanda Castaño, Julieta Valero, Carmen López, Miriam Reyes e máis eu -xunto a Sofía, María, Ale e Elena- (versos, modelaxe e travestimento)]



AVISO A TRIPULANTES: Translittera e Transgeneración só teñen en común o seu afán de rachar os xéneros, unha os formais ou estéticos e outra os físicos ou éticos; unha se celebrou no 2005 en Compostela e a outra no 2007 en Málaga.
Nesta última nos travestíamos dos nosos poetas favoritos: Exupery, Ramón Gómez de la Serna, Wilde, Cocteau, Rimbaud, Cernuda, Byron, Poe, Valle-Inclán, Camus e Lorca. Adiviñade quen é quen!

Ningún comentario:

Publicar un comentario