Unha punta do lapis por cada ano que pasou aquí comigo esta carta para vós.
Por fin a enviei e agora xa chega ó voso buzón.
Tantas GRAZAS hai que dar, todas están aquí,
VÓS SABEDES POR QUE.
Ana Cibeira titula este libro Pintalabios, como unha chamada de atención sobre o que perdeu xa a categoría de excepcional revisando, a un tempo, o seu simbolismo, máis complexo do que podería parecer a primeira vista. Válese así dos tres elementos precisos para realizar o ritual: lapis, pintalabios e algodón -que son tamén as tres partes-materia en que se organiza o volume- e converte ao xesto nun deliberado reclamo sobre a boca, ese vestíbulo do corpo polo que entra o alimento e saen as palabras, o territorio macio onde interactúan en forma de beixo dous seres, o “cálido fogar/ aberto rabuño na carne/ delicada ó sul da face” -como fermosamente escribe a autora- que nos permite o sorriso, se contrae na dor e censura o pranto.
(do limiar de Teresa Seara)
Pintalabios
Toxosoutos
2011.
*
muaaaaaac!
a desfrutar abril!
iuuuupi!!!
Ganas de verlo ya, oé!
ResponderEliminarjose.
oe, oé, eu tamén! muaaa
ResponderEliminarmoitas ganas de telo xa!
ResponderEliminarai, graciñas, máis ilu aínda!!! ;D
ResponderEliminar