mércores, 27 de abril de 2011

Baixo o asfalto está a música

Na miña panda gústanos dicir subterráneo e non underground. Under-ground pode xa non significar baixo terra senón definirse por negación: o que non está na superficie que irremediábelmente nos leva a pensar no coñecido, recoñecido ou de masas.
Seica o punk morreu fai moito, de recén nacido, cando os Clash ficharon coa CBS, unha major, un grupo político nunha desas? así foi. Informou da súa morte o fanzine Sniffin' Glue. Pois ben, morto o punk, reinventada a actitude (dende o seu núcleo duro ou hardcore) polos americanos e nunca abandonada por Crass, o mundo foi dando voltas ata chegar a un escenario de asfalto onde aínda se manteñen e son operativos os manifestos e xeito de facelo todo unha mesma! Así, celebro o explícito manifesto afeitealperro, celebro o concerto deste sábado (C-utter, Scumearth e Atomizador: ao loro- ruido/noise/ e pop radical) e o programa de mañá de Pasión por el ruido, no que poderedes escoitar a marabillosa versión c-utteriana de "Avilés industrial" (as cutter berrando punk!) e moito máis... radiando, radiando>>>>>>>>>

Logo non choredes por perdelo, que avisadísimas estades! o sábado será unha celebración ben esperada, algo lonxe do centro da cidade, pero divertida e de calidade!

MANIFIESTO

1. Afeite Al Perro es básicamente una plataforma de autoedición, aunque a veces colabora con gente afín.

2. Todo el material de Atomizador y HAZ es anticopyright por defecto.

3. Afeite Al Perro practica el Hazlo Tú Mism@ anticomercial.

4. Afeite Al Perro defiende la apropiación y uso de la palabra “arte” en su acepción más pura y primitiva.

5. En Afeite Al Perro no hay normas formales, ¡rompe el dogma!

6. Toda actividad realizada en Afeite Al Perro tiene muy presente que la música y el arte pueden cambiar vidas.

 


[Fotos: K Bikinikill e Paul Pistol chiscando un ollo futuro á queer experimentación dos corpos]

2 comentarios: