xoves, 7 de abril de 2011

Todo o que reloce é ouro

Xusto o mesmo que a mestra do neno de Dores, penso eu cada vez que vexo ás mimosas a carón do semáforo, xusto enfronte do meu traballo. Estou lonxe das mimosas da miña infancia, pero pervive o olor da súa intensa cor, a miña cor favorita, a das froitas tropicais ás que me sabe a pelciña, a preferida de mamá por ser a máis alegre, a do plátano frito imprescindíbel no meu menú de canda nena, que me educou o padal e os soños na mestura do salgado-e-doce, esta fermosa cor, o amarelo, que é a que dá sorte en Venezuela!

Cando atopei as mimosas na praza non puiden máis que sorrirlle e botarlle un beixo á señora tan gorda que mas trouxo da periferia, porque viñeron directas ó meu centro reclamar viaxes en coche, xarróns con elas na aldea, e mesmo acios para a Virxe en pleno inverno. Incrible tamén o seu nome, non si?


Ningún comentario:

Publicar un comentario