domingo, 17 de abril de 2011
Protéxeme de ti*
(despois desta semana dura, punto de partida de ver as cousas detrás dun cristal estalado a martelazos de realidade...) volta a min mesma, á felicidade cotiá, ó entusiasmo de deixar a obriga que nos permite comer -fukkk!-, ós miles de plans que se nos agolpan ó final do día, volta a min mesma grazas a dúas voces amigas -quen dí elas dí dous biquiños, catro peciños e aí un primeirísimo plano das vinte dedas como vinte gotas de sangue- si, dame exactamente igual que as coñeza fai días, dame exactamente igual que nos atropelaran os contos para ubicarnos as unhas ás outras -eu quero/ eu fixen/ ah ise proxecto sí o coñecía/ oh! ti tamén es lusista/ eich?- deunos exactamente igual non térmonos visto o naris nunca antes e deixamos que o lazo, que o noso pelo de pantera se revirase de punta ó estarmos preto... e iso que eu caín cansa antes de tempo co meu medo paseniño que xa aprendín a controlar descontrolado, pero non por iso me permite non caer, non por iso me permite baixar o escudo do cansanzo, ese que me protexe de perdelas tal e como as atopei: nesta burbulla perfecta onde unha belísima canción é o que sinto, e elas me cegan cal anémonas pedalexando baixo a superficie contra o sol que xa se pon...
*plural líquido
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario