O Abecedario das árbores e o Libro dos amados, tamén me acompañaron estes días. Cando vou á casa ando a degustar esas chupetas de palabras que nos regalou un xornal compostelá no seu día, a colección "Poeta en Compostela". Claro que a min me veu o agasallo por outro lado, pero o caso é que é xenial ter a clásicos e contemporáneas nesa colección a pé de rúa, difundindo a verba que nos leva lonxe, a que ás veces sen sentido nos detén, e ás veces nos transporta, a que tantas veces cómpre ler en voz alta para degustar o seu son, xa que nada máis interesa fóra del... siiiiiiii, esta vez foron Marilar Aleixandre e Antón Lopo os que me ensinaron os seus primeiros pasos na lingua que escolleu para a escrita, ela; e a lingua que percorreu poros e poses, el;
siiiiiiiiiiii, recomendados quedan os dous, ben interesantes polo que supón de aprender o esquecido no caso de Aleixandre e pola letra inversaasrevni dos versos de Lopo.
[foto roubada de etsy, pero non sei de quen...]
Ningún comentario:
Publicar un comentario