sábado, 9 de maio de 2009

Fuxir do exercicio de nostalxia



O traballo documental de María Ruido, que fun ver o venres á noite no marco da Documenta Madrid, Plan Rosebud, é unha boa forma de profundar no que ela chamou "as narrativas da transición", e sobre todo na versión oficial da transición... Se a primeira parte do documental Plan Rosebud I , fala sobre todo da memoria histórica; en Plan Rosebud II afonda nesa transición do franquismo á democracia, centrándose sobre todo no caso galego e asemellando as condicións industriais de Vigo coas de un Londres obreiro e revolto, e polo tanto falando dese remuíño de acción na arte chamado punk.


En palabras dela moito mellor:

*PLAN ROSEBUD I: A ecena do crime
*PLAN ROSEBUD II:
Convocando ás pantasmas

Ningún comentario:

Publicar un comentario