xoves, 28 de maio de 2009
Vermella visión
Estou ben contenta porque nesta antoloxía virtual ISLA KOKOTERO da que son lectora entusiasmada atopei unha fiestra a un collage meu acompañado dun texto que en realidade era de Emma... é unha casualidade estrelada que Eloísa, a náufraga artífice desta ben pensada celebración da poesía, pensara que as verbas da nosa Emma Pedreira son miñas, xa que me estou enchoupando delas estes días... ou dito doutro xeito que predecira un texto seu ilustrado por min! jeje!
(Gracias todas, nena!) Despois tiven que enviarlle un textiño propio e aproveitei para deixarlle un poema que espero que saia á luz no seu marco de libriño axiña...
Invítovos pois ó seu traballo e déixovos o poema:
MANCHA
Non podo esquecer que sangro,
e non só é tinta ese fío
que ule e salga líquido vivo.
A boca rastrexa o vidro,
toda beleza obrigada.
No cuarto propio, refuxio
da morte social que nos adicou
á literatura dos diarios todos,
a guerrilla nace do corazón
mellor debuxado no caderno da memoria.
ANA CIBEIRA, 2006
De Pintalabios (próxima publicación)
MANCHA
No puedo olvidar que sangro,
y no sólo es tinta ese hilo
que huele y sala líquido vivo.
La boca rastrea el vidrio,
toda belleza obligada.
En el cuarto propio, refugio
de la muerte social que nos dedicó
a la literatura de todos los diarios,
la guerrilla nace del corazón
mejor dibujado en el cuaderno de la memoria.
[Fotos: Eloísa xogando & unha imaxe da Nanou que ilustra o meu "Mancha"! se me pilla, mátame!]
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario