
LOLA ROBLES foi a persoa que me levou por primeira vez á Biblioteca de Mujeres. Coñecina canda Michelle e Cristina de Mujer Palabra. Ela é unha escritora de ciencia ficción e fai un bo traballo non só coa súa escrita senón tamén en canto á difusión do xénero.
A súa bibliografía de escritoras de ciencia ficción é unha caixiña de Pandora a ter en conta, e os obradoiros "Fantástikas" que organiza sempre en Madrid entre o inverno e a primavera, un acontecemento que electriza a cidade.
Convídovos a visitala >>>

"A ciencia ficción, coas súas metáforas para a alienación e a outredade, a súa desenfreada imaxinación e o seu poder para predecir cambios, é unha linguaxe altamente axeitada para falar das experiencias femininas."
Julie PHILLIPS.
"Prefiro ser un ciborg que unha deusa"
Donna HARAWAY
[>>>dúas das citas do seu blog!]
Ningún comentario:
Publicar un comentario