martes, 9 de outubro de 2012

Tomando as ondas


3/10/2012


A necesidade da dicción. Da asertividade. Da familia elixida de verbas, pero non só esa. Tamén a de carne e óso. Sempre que estás preto de AG solta unha destas tan importantes para “furrular” na vida: elixir a familia, calar a boca cando te decatas de que as cousas funcionan como ti non desexas... e haberá máis no futuro. Cecais hai que estar máis preto del, para oilo e emchouparse de todo.
Cambiar a voz, ou elixir quedarme cunha das que teño. Ou asignar a cada unha o seu contexto, un pouco como é, pero controlando que aínda que esteas nun contexto moi formal, se unha persoa que che gusta, non che cambia. Jeje.
Escoitar a radio ensina a isto a saber o importante que é para identificar á persoa, ou o contrario. Pensar na persoa mesma, completa, a través da súa voz. Isto é un pouco metonimia do caminiño que facemos na nosa vida currándonos o que non nos gusta ou non nos funciona connosco e cós demáis.
Así que días de Radio para sempre, seguimos tramando permanecer nas ondas... e achegarvos ás nosas, ás máis audíveis, as máis enteiras, as que nos definen como persoas. Para que cheguen a vós enteiras, como nós mesmas se nos coñecésemos na rúa e non a través das ondas.

Este textiño escribino antes de saber que remataba Comunes, o programa de radio no que colaborei este curso pasado de cando en cando. Mil apertas pro-ondas para os agarimosísimos e salvaxxes David e Gaelx polo vivido e radiado! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario