O outro día fomos a Los Placeres de Lola. Aí no chan rematamos falando de traballo e dos traballadores. Ela e máis eu. Fomos falando de todos os xoguetes e rematamos falando da realidade. Atopámonos lonxe da cama, en todo caso nunha cama que canda nenas nos facía de barco, é dicir, coa nosa imaxinación xa non estabamos aló. Diante dunha bandexiña de profilácticos rematamos contando algún secreto pouco relacionado con sexo. E logo eu soa decateime de que levaba un bo rato diante das esposas. Dous laciños atando mans.
shhhhhhhhhhhhhhh
Hai cousas que non cambian. Símbolos que se manteñen. Como berran as C-utter nun temazo... Las feministas siempre hemos sido culpables, para qué cambiar???
Uf, que cousas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario