domingo, 28 de outubro de 2012

"Me quieren no me quieren..."

No traballo facemos unha selección de libros hipsters para expoñelos xuntos, cando chega un, recheo de tíos que semellan actores porno dos 70 bigotudos e terrríbles... físicamente indesexables para frustración dos nosos corpos... O caderno fanzine ou libro está cheo frases graciosas que saen en bocadillos de cómic das súas bocas, aínda que non lembro ningunha nin sei se seguían un fío temático... 
O caso é que esta mesma semana Servando (Rocha) reflexiona no Diagonal co seu artigo "Estúpidos y aburridos" sobre qué é un hipster ou por qué non selo... E na casa sempre temos esta conversa, non só para rirnos despois de nos vestir coma do século pasado, senón porque a VICE chega fresquiña ás nosas mans cada pouco e non podemos máis que amala e odiala a partes iguais! aaaaaaaaaaaaaaiiiiiiiiiiiiii!!!

Interesante a reflexión do Rocha, máis penso que queremos seguir bailando a revolución! Non si? 



[Fotoroubos: 1 e 2 Soo Catwoman; 3: unha ilustración roubada para o lema da Goldman "a túa revolución non me interesa se non podo bailar"]

Ningún comentario:

Publicar un comentario