xoves, 22 de setembro de 2011

S.O._



O verao escápanos de entre os pés. Comezo a ler a novela da miña amiga Lo. Todo o que sobe non baixa. A sorpresa dun día libre. A capa do Renacida de Susan Sontang. A firme promesa de atender máis ó que odio. As ganas de tirarme en parapente e de ler cun batido na mau as pompas da Ana Elena Pena. Iso, a fin do verao pídeme sol, pídeme zumes, pídeme cores. Pero logo virá a roupa escura, o outono trans. A volta ás amigas. Logo chaparemos e escribiremos baixo a chuvia inventada -aquí non existe-. Destruiremos o horario columna vertebral do día cando nos poñamos a falar de Outubro, das páxinas dela, de todo o que pode facer M.a.l.a.s. Así están as cousas. Inmersas estamos nesta nova etapa que acabo de ver laranxa: finais de Septembro, principios de Outubro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario