Que el fulgor sea esto
Luís LUNA
Onde penso na escritura automática, eles din control. Onde sinto balbordo, elas din pechadura. Onde soñei explanada, ela escribe xermana. Así é a miña escrita. Dame febre escrever, agora podo facela entre xs outrxs. Dame tremor. Pero aprendín a controlar as bágoas, agora se me alporizan os pelos. Carne de galiña, medo e tremor falan dalgo escuro e infantil. Unha festa obediente. A estraña celebración da morte, que diría Nabokov. Onde eles len eu alucino. Nubes, falta de tempo, paixón. Aínda quero que os libros me atopen. E que a cestiña á casa da avoa - o lobo- vaia chea de O amor negro, O vicio da lectura e Os autómatas. Si, iso quero. Ortopedia mestiza e sanguiñolenta. Bonecas refeitas á miña medida. O noso desexo fóra de si. E tanta letra de imprenta que o noso corpo teña xa esa forma. Esquelete, músculos tocados, carne recuberta, pel de celulosa.
[Sobre un pequeno obradoiro de poesía con Luis Luna]
Ningún comentario:
Publicar un comentario