Rachar ese puto círculo vicioso. Deixar entrar a luz na luz. Perseguer ás cazadoras -ás iguais-, compartilo todo. Pechar os ollos e non ter que abrilos para saberes que os ten pechos tamén. Xuntar chamas de lume con lume. Adeus, xeo cru. Adeus, desacougo. Adeus brancura. Adeus porcelana sólida. Adeus, adeus, adeus. Somos a fogueira que nunca saltarás. Somos a beleza feroz da natureza que te destrúe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario