Sei que hoxe foi un dos días máis importantes do ano. Andivemos aí mesturadxs sacando os nosos monstros: sentiámonos protexidas. Sabiamos que falabamos do que ás catro nos importa. Que comprendemos. Para min a grama dende pequena -mamá mediante- non é dunha soa cor: é verde pero tamén marrón, amarela. O ceo non só se reflexa azul. E os Berol Prisma falan do universo do sangue: rojo ladrillo, rojo rubí, carmesí, rojo fresa... para a Familia éche o mesmo. Cada unha cos seus contos de canda nena: descubrir aos sete anos a Dalí e debuxar no libro de texto un Xesús con barba crucificado; non combinar baixo nengún concepto a ninguén de vermello e rosa; querer imitar perfectamente o modelo que temos diante, sobre todo Disney, que se nos resiste. E voltar á maxia da arte, condición sine qua non, cada día, isto témolo absolutamente claro cada un/ha dxs catro.
Darger, collage contemporáneo, limpio-sucio (no mundo real coñecido como King Terry ou inventor do estilo heta-uma) e sobre todo o traballo delxs. Isa foi a tarde e ista a banda sonora: bum bum, croc, croc.
[Título: cita parte dunha fermosísima dedicatoria e foto: nós na "biblioteca dos soños"]
Ningún comentario:
Publicar un comentario