venres, 30 de setembro de 2011

Encontro novas/os escritoras/es


Para as que non puidestes estar... xusto me chega agora e me ilusiona poñelo. Colgarei máis, doutrxs compas! ale, á rúa, que é venres!!! iiijjjjjjjjaaaaaaaaaaaaa

xoves, 29 de setembro de 2011

STOP! in the name of love!!!

Volvemos á postadolescencia. Ou foi na adolescencia? cada vez que ela me mira. Me mira así volvo aos vinte anos. Volvo a aquela noite na que eu non podía parar de mirar TaxiDriver. Aquela noite na que S. decidiu lanzarse e el, el levaba tempo agardándonos a unha de nos, ou ás dúas.O seu vivir hetero, no lugar de sumarse á disidencia, fixese o que fixese entre as sabas, nos calexóns ou na ducha -el pregaba por ser un deles- eu non o comprendo. Unha das nosas! metamorfóseate dunha vez, quería dicirlle eu cando había tarde de confesións. Pero cando ela me mira como o fai, eu volvo ter vinte, a estar tola por el, a permanecer persistir virxe e disidente, esa noite de TaxiDriver na pantalla: eu no chan e el&S. entre as máis revoltas que vin nunca; ó sair daquel cuarto, cando por fin o anxo ergueume a testa coa súa Vinganza des-controlada. Luz azul do video, escudo protector. Carne de galiña, película contra piropos. Lentes de sol de noite, anti-miradas líquidas. Así, así non deixo que pase nada a través destes poros descubertos, e manteño as escamas ben adentro, ocultas  trala pel enrugada, dura e viva, das miñas botas.




Volta ao cole

Miña, eres una
punk
Mi piedra, eres tú como el
carbón
Mi niña, de tu pelo se van a hacer
los juguetes
Mi enferma, son tus lazos frescos como
labios
Mi niña, dónde están todos
tus látigos?
Son cadenas como dos mechones de 
raso
Me gustaría ser partida en dos por en el
__________.
Las esposas, torres de tu fortaleza
Mi petróleo, el mar no tiene luz en su nada.
Mi monstruo, vamos a escondernos
por dónde 
o por qué, amor, he manchado tu
nombre.



[poemiña meu  -nun obradoiro- revisitando a Pablo Neruda no exercicio de completar os ocos deste poema, que non sabiamos que era del... ]

Berlin






Berlin fotografiado por outras, benqueridas viaxeiras...

Núcleo duro


Ilustración de HAZ para un fanzine de autodefensa, proxecto de corazónsalvaxxe (2009)

[Ollade a A anarca da camiseta do rapaz, a bso ben podería ser o tema das "De espaldas contra el (qué lapsus!) al patriarcado" chamado "Anarquista popular" ou algo así, jajaja...

domingo, 25 de setembro de 2011

Rastros


pintar, collagear


"Porque o levo no sangue" N. Umpiérrez

Sei que hoxe foi un dos días máis importantes do ano. Andivemos aí mesturadxs sacando os nosos monstros: sentiámonos protexidas. Sabiamos que falabamos do que ás catro nos importa. Que comprendemos. Para min a grama dende pequena -mamá mediante- non é dunha soa cor: é verde pero tamén marrón, amarela. O ceo non só se reflexa azul. E os Berol Prisma falan do universo do sangue: rojo ladrillo, rojo rubí, carmesí, rojo fresa... para a Familia éche o mesmo. Cada unha cos seus contos de canda nena: descubrir aos sete anos a Dalí e debuxar no libro de texto un Xesús con barba crucificado; non combinar baixo nengún concepto a ninguén de vermello e rosa; querer imitar perfectamente o modelo que temos diante, sobre todo Disney, que se nos resiste. E voltar á maxia da arte, condición sine qua non, cada día, isto témolo absolutamente claro cada un/ha dxs catro.
Darger, collage contemporáneo, limpio-sucio (no mundo real coñecido como King Terry ou inventor do estilo heta-uma) e sobre todo o traballo delxs. Isa foi a tarde e ista a banda sonora: bum bum, croc, croc.




[Título: cita parte dunha fermosísima dedicatoria e foto: nós na "biblioteca dos soños"]

Azulonxe



[luva da F-c., último día, xuño2011, MadridPrazadoSol]

buah 3




[foto: okupa berlinesa by A. ou b.]

A práctica si axuda


 A ténica é ista: achega, achega, achega, achega, achega...




[ fotos miñas, a primeira a outra previa...]

xoves, 22 de setembro de 2011

A beleza non ten idade



As Raincoats no 2010 falando da F Word!!! nós tivemos a sorte de ver a Ana da Silva no primeiro Ladyfest daquí, no 2005!!!

S.O._



O verao escápanos de entre os pés. Comezo a ler a novela da miña amiga Lo. Todo o que sobe non baixa. A sorpresa dun día libre. A capa do Renacida de Susan Sontang. A firme promesa de atender máis ó que odio. As ganas de tirarme en parapente e de ler cun batido na mau as pompas da Ana Elena Pena. Iso, a fin do verao pídeme sol, pídeme zumes, pídeme cores. Pero logo virá a roupa escura, o outono trans. A volta ás amigas. Logo chaparemos e escribiremos baixo a chuvia inventada -aquí non existe-. Destruiremos o horario columna vertebral do día cando nos poñamos a falar de Outubro, das páxinas dela, de todo o que pode facer M.a.l.a.s. Así están as cousas. Inmersas estamos nesta nova etapa que acabo de ver laranxa: finais de Septembro, principios de Outubro.

Bum bum, sego a ser a mesma


A miña pintada favorita de tódolos tempos: 

INMIGRANTES, NO NOS DEJÉIS A SOLAS CON LOS ESPAÑOLES!!!

Remembering girls exist or Confesións no bulevar



[fotoroubo a R.]

Graaaazas!



Carne e peles

Que el fulgor sea esto
Luís LUNA


Onde penso na escritura automática, eles din control. Onde sinto balbordo, elas din pechadura. Onde soñei explanada, ela escribe xermana. Así é a miña escrita. Dame febre escrever, agora podo facela entre xs outrxs. Dame tremor. Pero aprendín a controlar as bágoas, agora se me alporizan os pelos. Carne de galiña, medo e tremor falan dalgo escuro e infantil. Unha festa obediente. A estraña celebración da morte, que diría Nabokov. Onde eles len eu alucino.  Nubes, falta de tempo, paixón. Aínda quero que os libros me atopen. E que a cestiña á casa da avoa - o lobo- vaia chea de O amor negro, O vicio da lectura e Os autómatas. Si, iso quero. Ortopedia mestiza e sanguiñolenta. Bonecas refeitas á miña medida. O noso desexo fóra de si. E tanta letra de imprenta que o noso corpo teña xa esa forma. Esquelete, músculos tocados, carne recuberta, pel de celulosa.




[Sobre un pequeno obradoiro de poesía con Luis Luna]

luns, 19 de setembro de 2011

As nosas pegadas

E este sábado xs compas de A porta verde, presentan o noso derradeiro proxecto en Vigo. Quen puidera voltar... se andades por aló xa sabedes. E se non, sempre nos quedará o libriño. Andade atentxs que comeza a nova xira de "a porta..."
 
 
 
Presentación de Pegadas e máis!
 
A Porta Verde do Sétimo Andar informa
da presentación de "Pegadas" en Vigo:
en A Cova dos Ratos (Romil, 3)
Sábado, 24 de Setembro ás 21 h.
 
Será un acto poético, colectivo, aberto e participativo, no que se considera especialmente importante a presencia e intervención das persoas que sodes parte deste libro deixando as vosas pegadas creativas no espazo aberto que compartimos. Estades tod@s convidad@s!
Vémonos pois na Cova!  37 apertas!
 
Aurelino Costa, Asun Estévez, Alberto Augusto Miranda, António Pedro Ribeiro, Baldo Ramos, Miguel Ángel Alonso Diz, Bruno Miguel Resende,
Artur Alonso Novelhe, Fabián Barreiro, Lino Braxe, Lois Magariños, María Elvira Millán Liméns, Concha Rousia, Alberte Momán, Ramiro Vidal Alvarinho, Iolanda Aldrei, Marília Miranda Lopes, Manolo Pipas, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Virgilio Liquito, Susana Pazo Maside, Fátima Vale, Alba Méndez, Marta Pedrosa Agra, Eva Méndez Doroxo, Alfonso Láuzara, Xosé Daniel Costas, Xoán’ma Rial Rodríguez, Miguel Alonso Fernández, Pilar Mera Costas, Lucía Novas, Ana Cibeira, María N. Soutelo, Rosa Enríquez, José Fontes Novas, Xavier Vásquez Freire, e Xurxo F. Martins.
 
***
Co suxestivo título de Pegadas, os responsables do selo A Porta Verde do Sétimo Andar publicaban non hai moito unha nutrida antoloxía de poesía actual na que reunían algunhas das máis interesantes voces da escrita lusa e galega do momento.

É traballo abondo complicado tentar resumir en poucas liñas o espírito que anima a trintena de creadores participantes, entre outras cousas porque por estas páxinas desfilan poéticas do amatorio, o contestatario, o neosurreal cotiá, o simbólico-alegórico, o sentimental, o patriótico, o absurdo, o extático ou o transreal, entre outros territorios líricos.


Nada teñen que ver, pois, as estéticas dun Alberto Augusto Miranda ou un Baldo Ramos coas dun Alberte Momán ou unha Lucía Novas, en pouco converxen un Aurelino Costa, un Ramiro Vidal ou un Lino Braxe cunha Ana Cibeiras, un Lois Magariños ou unha Rosa Enríquez e outro tanto podería dicirse de todos e cada un dos poetas representados —que aparecen exhaustivamente etiquetados ao final desta entrada—, posuidores de fórmulas moi dispares que van dende a prosa poética ata o haiku, pasando polo poema en prosa, o poema visual ou o verso rimado, con universos referenciais e mesmo lingüísticos tamén complementarios (portugués estándar a canda galego oficialista e reintegrado).


Un mosaico verdadeiramente heteroxéneo e representativo de tendencias e autores este Pegadas, que convén ler se se quere estar ao día da máis labrada verba de aquén e alén Miño.
 
 
Armando REQUEIXO

Da tinta á pegada dixital. Crear dende a ventá




Aló estivemos reunidxs todo o sábado. A carón de tódolos grupos feministas da Galiza, no edificio NORMAL da Universidade da Coruña, rodeadas dunha fermosa expo de feminismos que me descubriu cousiñas... pagou a pena estar aló, con toda a aelg, pagou a pena a viaxe relámpago, a escrita nouturna, os medos domados... Graaaaaaaaaaazas Antía, e todxs!
Os nosos textiños sairán nas actas ou publicación e xa preguntarei para subilo aquí ao blog!



[Este agosto na Coruña; xogando coa perspectiva e a ausencia dela... como Estíbaliz // video: o Leo e o seu fermoso acento]


mércores, 14 de setembro de 2011

Hai unha serpe na miña bota (Slut walk)

Cando saimos nós á rúa, gurrrls???!!!





En enero pasado, en una conferencia sobre seguridad civil, un policía canadiense aseguró que las mujeres debían cuidar su vestimenta para no ser víctimas de abusos sexuales. En respuesta, en abril, unas 3.000 mujeres, vestidas con tacones, ligueros, escotes y minifaldas, tomaron las calles de Toronto (Canadá) exigiendo que no se siguiera perpetuando y naturalizando la idea de que las mujeres son las culpables del acoso y ataques sexuales que sufren. La iniciativa se ha extendido a otros países.

A marcha canadiense  SLUT WALK, aquí


Belas imaxes, aquí!


luns, 12 de setembro de 2011

Totally confused

...cecais, ó mellor, ó final, só quedamos ti e máis eu...

Unha palabra máis



...One more word and you won’t survive
And I’m not scared of your stolen power
I see right through you any hour...



[foto&verba roubos]

I missed u too...


Greetings from la Habana. Greetins from Berlin.

Back in town, xa era hora!

domingo, 11 de setembro de 2011

Bailes contra o medo

E qué ben, qué ben senta compartir bailes e heartaches!


[Video: trash kit  e a lesbian e non lesbian -como elas dixeron- marabunta no escenario!]



Pensamos en alto


Máis barrio de ensoño... aquí 



[grazas, a.!]

sábado, 10 de setembro de 2011

Esconxuro roto: como luva látex forxada en xeo

Rachar ese puto círculo vicioso. Deixar entrar a luz na luz. Perseguer ás cazadoras -ás iguais-, compartilo todo. Pechar os ollos e non ter que abrilos para saberes que os ten pechos tamén. Xuntar chamas de lume con lume. Adeus, xeo cru. Adeus, desacougo. Adeus brancura. Adeus porcelana sólida. Adeus, adeus, adeus. Somos a fogueira que nunca saltarás. Somos a beleza feroz da natureza que te destrúe. 



Se non podes con ela, únete!


[fotonoite by me]