domingo, 4 de setembro de 2011

Marxe de erro

Querida L.:
pídesme que te poña ao día dende, xullo?
o que che escenifiquei pola rúa podería dicircho deste xeito:
y dudar es razonable porque el azar es una idea
que mete sus pequeños-dedos-pálidos en la llaga:
nos hunde, nos reduce, niega a Sartre y espolea
oh ahora eres una esclava del margen de error nocturno
y de la probabilidad de los viernes
en un baño ajeno)*
Chego á casa e isto é o que atopo. Sempre me preguntas por qué a poesía e por iso che escribo. Non fai falta que nin un poro máis, meu, fale, nin que riamos a cachón das miñas constantes falcatruadas, da miña aparvada afouteza confusa coma nunca, sen éxito adrede; aquí está perfectamente claro e sen ter que "traducirllo" á razón para comunicarcho. Os poemas son a noite de MQA. Todo sen abrir a boca.
Agora outra orde perfecta para as miñas nouturnas caídas libres: Sonrójate y vete!* Déixate lamber por esta tinta, que aínda chea de palabras, só mancha, bica, ensuxa a lingua...

muá muá muá.
a.





[*cursivas confesionais de Berta García Faet.
Os da foto: Vicente Aleixandre. Meu corazón xelatina, foto miña.]

2 comentarios:

  1. Creo que ahora también yo soy una víctima/esclava de la noche y de la probabilidad de los viernes en un baño ajeno... así que, ¿qué puedo decir?
    Ya no quiero entender NADA, sólo sentir cómo me mancha. Como Pintalabios, jeje.

    L.

    ResponderEliminar
  2. andamos todas ben, ;D uf! haberá que botalo a cara ou cruz!

    ResponderEliminar