martes, 15 de abril de 2014

Pelo, barco, 'huevo', cartas



Cambio o pelo. Cambio o cabezal do blogue, vouno ir cambiando todo. Para que poda funcionar como diario de a bordo. Cartas que viaxan. Diario dixital. Para ler con tino e con tempo, para non perder todo nas redes sociais. Para pensar ou simplesmente relacionar aquí dentro o que me gusta e  saber do que fuxo. Coñecer ao inimigo. Para que avance o que teña que avanzar. Para obsesionarme con SP e que sexa ¿libro? E que sexa mensaxe nunha botella, o mesmo medio, o formato: Seica é o mesmo que che chegue unha nota dentro dun cristal a nado dende a outra beira do mundo, a que che chegue unha misiva ao buzón, que unha nubeciña textual de Wapp? A min gústame cada un deles e paréceme que diferentes cousas chegas a dicir segundo cambie o formato... E a recibir. Algunhas non as recibiremos nunca porque custa un traballo envialas.
Ú vivo eu? eu, moro en alta mar, na marexada dun proxecto de vida&obra... Non esquezades mandarme ovos... 
Que floten, que floten... Algún chegará.

Ningún comentario:

Publicar un comentario