sábado, 12 de abril de 2014

Desconfiar das palabras, chegar ás imaxes



Conocerse a un mesmo.
Encántame dicilo en masculino universal.
Ando a facer o cuestionario Proust que nos propón Ramón Nicolás. Non sei a quén lle vai interesar o meu a verdade, pero para min é un xogo para descubrir o que aínda non sei de min: querer vivir en Galiza (que non Galicia) esa república de árvores; ver cómo non actualizo gustos cando se trata de falar deles nun medio público. Explícome... se me preguntan contesto con referentes de fai uns anos. Se fora un post aquí ou no feisbook diría Korine, Herzog e FArocki onde digo Elisabeth Smart, Angela Carter e Marguerite Duras. Aínda non aceptei os novos que viñeron para quedarse. Seica entón nós tamén temos un "canon" interno de quen cremos que somos ou quen dixemos que eramos? Non hai que respetarse dese xeito-xaula. Hai que ser dobre de nós mesmos, primeiro, e logo crisol-moitas, para saber quen demos é que é esta unha.  Seica Na Grand Central Station sentei e chorei / By Grand Central Station I Sat Down and Wept de Elisabeth SMART me representa, pero non queda algo fóra? 

Bueno, cecais non sexa tanto autocensura como Isto o que lle pasa a unha cando é unha mesa con referencias de catro paus diferentes... ;) 
Pouta hipster
Pouta  naif 
Pouta clásica -old School state of mind
Pouta (éticaÉ)estética -linguaxe como virus***oh yeah fukkk

Pois o que viña dicir aquí é que últimamente non paro de saber que o que eu quero facer non só ten que ver coas palabras. É dizer, últimamente non paro de RECOÑECER o que xa sei. Ten que ver coas imaxes e as palabras entendidas como un todo. Como Harun FAROCKI como María RUIDO, como Chantal ACKERMAN, incluso como "Joven y Alocada" esa película que é moi sexopunk, o meu proxecto de contos, imaxes, spoken word, banda sonora e video no que estou traballando. Esa película chilena foi a que me deu ganas de escribir guións, e todo o traballo da Duras e de Korine, claro...  XD
-Nena, sei que ocorrerá. Marguerite Duras, fixo a súa primeira peli aos 50 -dime b. por teléfono. 
-(Marosa di GIORGIO, que publicou por primeira vez aos 50 -penso)
 Así de precoces son as miñas propias ideas sobre as miñas work & words.  
;) 



Ningún comentario:

Publicar un comentario