sábado, 8 de outubro de 2011

Toma a túa praza XA!

Mirade ben o que facedes co voso voto ou non-voto, que iste é o panorama que vén nas cidades, as que non o viven xa! Ademáis de predicar unha austeridade que xa sabemos todxs onde van aplicar, todos estes políticos lavamans teñen unha ética da compra-venda e seguridade extrema (quero que a miña filliña xogue tranquila nun parque verde, non que se rompa a crisma nunha explanada de cemento arrodeada de polis con armas cargadas), que repercute no noso día a día, tendo que currar/mercar os domingos, deixándonos en puras prazas de cemento, ou formigoneiras abandonadas, e sen forzas para falarmos entre nós -que nos acabaremos odiando-. E mentres, elxs?... eles mentres, collen un avión ao campo máis virxe imaxinado, corren ás súas praias privadas e vivendas construídas na mesma costa saltándose a lei de protección destas, e se reúnen as fines de semana LIBRES cos peciños metidos na auga da piscina cos millonarios amigos, á beira de un té xeado, ou dun cafesiño quente -mampara de terraza para o inverno mediante... -.
Así que xa sabedes, para os que soñades coa vida deles, pensade que ó mellor neste momento histórico que nos toca, non o ides conseguir e que se podería vivir preciosamente máis libres e en contacto cós outros (e cun soldo digno para vivir, como ten que ser, e non como nos queren facer crer que non merecemos, ou que somos culpables por telo) e en contacto coa natureza, e non nesta absurda precariedade da compra-venda e a ausencia de tempo noso, en desesperanzadas extensións de asfalto. 

Hurra por esta iniciativa que só se pode facer real se cada unha movemos o cu!


Ningún comentario:

Publicar un comentario