martes, 11 de outubro de 2011

I am, u r, we will RESIST!


cando estiven na Coruña, coa aelg e demáis xente, falando supostamente de crear e de blogs, sentinme requetebén. O ambiente era o dun niño poderoso, dunhas ideas fortes, dunha resistencia apaixonada. O Leo dixo algo que me atrapou, e ata agora non me decatara de que este pode ser o núcleo duro de moito. O relacionada que está a resistencia co éxxito futuro, só nosoutras o sabemos, nós que perdemos séculos disimulando que somos conscientes de moito ou todo: culpa? Non, simple supervivencia. 
Ben, pois o Leo dixo que no que se refere á lingua, el e moitas persoas que con el traballan, queren centrarse na resistencia, nos xa falantes, en coidalos, protexelos, ou vivirmos como que si, para que esa vida, na nosa lingua, sexa real. Claaaro. Agora, rebuscando temazos da revolución, volvo atoparme con UR e penso nas súas verbas, neses 20- 30 nenxs galegofalantes (fronte aos 60 castelánfalantes e rapaces do resto da Península, era así a historia?) que puideron comunicarse na lingua propia, no noso país, durante un campamento de varios días, grazas á consciencia e persistencia de xente coma Leo -e del mesmo-.
Así, que como él vos digo: a clave está na resistencia.
I am, u R, we will RESIST.........................

Ningún comentario:

Publicar un comentario