domingo, 2 de outubro de 2011

Carapuchas

 Para L. e para Teresa&Emma


Cecais os nosos temas sexan sempre os mesmos. Si, iso di a Crítica literaria, pero xa sabedes que a min me gusta non facer caso, e experimentar moito máis de vagar. Xa sei que así se tarda máis en chegar, pero se chega segura e non se chega con todo, con todo o que sobra. 
Cecais sexan os que sexan os subtemas comentados da nosa literatura sempre estará aí a desorientación sexual - coa que nos conformou o mundo-, e o medo (xenealóxicAmente conxénito) e as cores simbolizando cada un dos nosos contos e os seus pecados: o adoctrinamento. 
Si, por iso cando me puxen a escrever esta mañá sobre a novela de Lol. non sabía qué personaxe estaba confuso, quen debía sair do armario e quen non, e á contra atopei a unha morea deles relacionándose nos dous sentidos (aínda que hai máis). Entón, quen tiña que espabilar neste brancuxento conto? é o ambiente, a voz tremente, tatexante, é o abafante ESTAR das personaxes as que me levan a querer abrirlles as portas (ó millor debería comezar por abrir as miñas!, pero segamos coa literatura...). A que saian do coche. 
Na escena na que Marta Julia está no coche, e o seu home -cuxo nome como todos os da historia comezan por E- se lle achega, non podo máis que pensar nas esceas do coche diante da casa na urbanización, de todas as pelis: a miña escena favorita é a das Virxes Suicidas, cando Lux volve correndo rachando o silencio da noite e do disimulo.
Pois ben, cecais os nosos temas sexan sempre os mesmo, que o vermello é bo como dí Pipilotti na súa Pepperminta, simbolizando a forza no sangue menstrual, é dicir a nosa fortaleza, a luita por ela e a autodefensa; a nosa liberdade tamén de portas para fóra... 
Aquí estamos, comezando o outono e medrando no mesmo. 
Este vai ser o noso ano, pequena. Don't (you) worry...


Ningún comentario:

Publicar un comentario