xoves, 6 de outubro de 2011

I - think - I - can - I - think - I - can - I - think - I - can...



De qué falamos cando estamos a falar en pirámide? de qué falamos cando unhas estamos enriba e outras embaixo? Por qué aínda nos atravesan as identidades o sermos quen? Quero dicir o de sempre: nomes e apelidos. Por qué en certas asambleas aínda nos sentimos coma nunha reunión de traballo -esas que nalgúns traballos, co obreiriño de turno, nin existen porque só se lle comunica o que debe executar, nunca se lle dá voz nin se lle permite falar en alto (non vaia ser que descubra que ten voz!), nin se lle permite escoitar ás outras (non vaia ser que descubra que a que está a carón tamén ten voz e que están dacordo!)... Si, eu me pregunto de novo POR QUÉ. Porque ó ir medrando... o peor non é ter máis cartos ou menos (se estás nunha situación de subsistencia+caprichiños que che permite vivir e non sobrevivir, claro), nin chegar ou non chegar -aínda que ese semella ser sempre o obxectivo, sen saber moi ben ónde nin cómo- non... o pior é este rollo dos son ou non son, teño ou non teño (o que hai que ter... a miúdo nolo lembran), pinto ou non pinto...
se xa o dicía eu o outro día na Coruña: 
Non sei se haberá receita para gañar amigos ou inimigos. Cecais sexa a tradicional: sair na prensa, ou ser unha moderna. Xogar á carne ou ser unha lumbrera...
Por iso, digo, faga o que faga na miña vida non quero renunciar a isto: o placer de non contar, da marxe, o pracer de ser unha gomiña (máis que un lápiz), o pracer de botar a lingua -sobre todo aos 70 anos-, de bailar, de deixarvos chapando e chapando, botando lume -a unhas pola boca, de tanta política molona-, e fume -nos petos dos outros, de tanto que aperta  a garabata d'ouro-...
por iso vos digo dende aquí: deixádeme en paz coa vosa carreira competi, que non *me* interesa! (nótese o tento de a obxectividade, ;D!) déixádeme durmir, como dicía a Rosenvinge en Cerrado, ou mellor, deixádeme en pijama: lendo a Locomotora que si puido, lendo as mil intelixentísimas caras da Carapucha segundo María Tatar, deixádeme volver ao comezo do ollo, á Marguerite, á miña anarcoadolescencia, a un individualismo feroz, que me separa de vós hoxe, e me colle no colo, me aperta e me beixa, mentres ó fin, adormezo, soa.




[Astrid Lindgren concorda comigo!]


[O que outro día podería ser para min un conto sobre o empoderamento (I think I can I think I can...) , hoxe tedes que sufrilo como un sobre o machaque... qué lles pasa aos outros trens que non queren axudar á locomotorciña vermella que se estraga ó principio do conto? por qué están tan atados á idea de que eles só levan cargas importantes, etc etc etc..? ale, hoxe lino en clave de feo feo feo...uhhhhhhhhh]

1 comentario:

  1. Qué maravilloso cuento! Hace un par de horas se lo he contado a un grupo de niñas y niños de 3 añitos y les ha encantado!
    I thought I could I thought I could I thought I could...

    ResponderEliminar