venres, 30 de outubro de 2026


Camiñar aquela noite con Lucía Novas qué lindo baixo o brillo da chuvia o camiño de baldosas amarelas sempre en Compostela! Era a primeira vez que nos viamos. Deume ganas de volverme emocionar con algo non escrito, ganas de subirme a algún dos seus rizos saltariqueiros, de contaxiarme da súa soaviña forma de ver a vida a modo de si, de roubarlle un pouquiño da maxia de eses ollos crentes, crentes nos coares de plásticos feitos de letras. Babe de tumblr deume ganas de volver ser.
Ela falaba sen saber que todo o que está nese poemario escrito por ela 'Cervatos', está dentro de min, que eu son unha estrada andante, que o camiño é a miña única casa e que as sinais do medo para min son tan só os pasos do viacrucis nos que chorando sorrío: guity pleasure, performance católica 100%. Símbolos símbolos símbolos feitos obxectos. Cultura popular que parece herdada, pero non o é. Medrei nunha Caracas -finalísimos dos 70s- daquela americanizada.
Aínda así non son quen de dicirllo: coñéceme na peor etapa da miña vida e recén secas as bágoas é como a atopo. Ou me atopa.Todo ten sentido, porque me chamou para presentarllo en Madrid pola miña teima polas "sad girls". Seguro que lle interesa a melancolía & a creatividade -non o dubido- pero decátome falando con ela esta noite de orballo,de que é unha tremenda anglófila secuestrada mantida e liberada polo rock. Con síndrome de Estocolmo. Xa somos 2.
E como todos os gatos na noite son pardos e diolos da e elas se xuntan, remata dicíndome que Natalia unha artista de Pontevedra lle fixo un video collage para o libro.
-Umpiérrez?
-Si, coñecela?
Pois claro, adóroa como artista e como persona.
Chegar a Isa foi o remate final.
Aquí vos deixo unha aproximación ao seu mundo en forma de conversa con Montse Dopico González na Praza Pública na que se ve moito máis dela do que digo eu.

Imos logo.
En Espacio KALANDRAKA Madrid
7 Febreiro
presentamos 'Cervatos'
xunto a Juan Marqués
[Calle de Sta. Maria, 16, 28014]