mércores, 8 de outubro de 2008

Bonecas


Non sei o que significan os meus collages. Só sei que dentro destes experimentos visuais me permito ser prosaica. Ó menos cos títulos longos e persoais, relativos ó cotián que me rodea. Pero sí que decidín ir máis alá deles agotándoos. Traballando sen pausa neles, ata que non quede un, por ver se se transforman, desaparecen ou que.
Pero cando J. me dí: este chíflame, unha boneca infernal, sorpréndome e digo si, cecais é unha beleza monstruosa este control estético esta feminidade estoupando.
Ben.
Por ahí vou ben.

Recomendacións: a nova búsola fresquiña e interesante e o recén descuberto blog da necesaria profe, crítica e colaboradora radiofónica Helena González. Bravo!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario