martes, 19 de xullo de 2011

SG

para L., ela sabe por qué




[roubo a rookiestyle! Na primeira hai fotogramas das Virxes suicidas, na segunda fiestra están a pj favorita de mociña, as violent femmes, o primeiro grupo queseRIOT q escoitei, as HOLE e that dog que non coñezo, pero cuxa capa ilustra o perdidas que estabamos]





...a noite que fomos modernas, a noite que fomos máis que amigas, a noite que lembramos que nós tamén fomos suicideGrrrls. Si, que tamén loitamos por non destruirnos, e que aínda que nos disfrazamos de nenasmodernasdevinteanosquemedranpúblicamentesendoescritoraspopulareseexhibicionistasdemáis para lembrármonos lembrando como eramos a esa dura idade, seguimos sendo nós, hoxe aquí, baixo a luz rosa do noso bar favorito, onde nos coñecemos, onde nos desexamos o mellor, aquí, esta noite, disfrazadas, pero máis nós mesmas ca nunca, á fin salvadas, á fin lonxe de ese desacougo postadolescente-ese nomearse dende fóra-; baixo esta luz rosa somos xa só suicidas amando na literatura ás grandes. Pero na vida, na vida, somos fortes, somos listas somos todas... jeje máisqueamigas!




[fotos: xogando a unha segunda adolescencia desnortada!]

1 comentario: