El otro día tomamos la Gran Vía y hoy ya es nuestra
dun Twitter, hell yeah!
Por que adoran á pasma? non o entendo!
Por que queren convertila? salvala? uhhhhh!
por que imos ó congreso cando ós que interpelamos non están?
como moscas á luz imos ir visitar outra vez a esas columnas odiosas -de cheas de odio- azuis?
hell no! que nos persigan eles!

de varias conversas hoxe
Non sei como a xente pode falar, interpelar, querer algo ou simplemente nomear a esa Violencia representada en persoas ¿?. Non era que non nos representan? pois tampouco os representan a eles. Son unha barreira, unha fronteira, un escudo, un casco, un muro duro contra o que queren que nos deamos. Que mandan a alguén calar a nosa boca (infiltrados, para a casa!)? que veñan eles! Que mandan a estes para que nos fagamos dano dándonos contra unha parede, lisa, negra -azulmarino que para o caso ben sendo o mesmo, hum...ou non o será? case todos nós imos de negro... hum!- con pinchos, con desprezo! Que veñan eles.
Que baixen dos carísimos coches, seica esta xente á que lle pagamos un soldazo e os un e mil coches que teñen, non saben andar a pé? non, non saben. Que se poñan tirantes, porque seica esta xente que se refuxia dun aire acondicionado noutro, non sinte a calor? non, non a sinte. Que suen. Que ulan a rúa, o sudor e o asfalto, que manchen o cuciño sentando no chan -ás veces hai herbiña e pode ser unha experiencia levar para a casa unha mancha no pantalón que ó mellor ten forma de nube, raios! é que esta xente non soña? non, non soña. Os soños deben estar nos libros infantís dos seus pequenos -eses riquísimos nenos que tamén teñen que ser protexidos da vida e da xente, é que esta xente fixo algo mal para ter que vivir en guetos e ter que escondernse de nós? si, si fixeron!

Non quero nin oir falar desas columnas -volvendo ó azul- que así como respirar reparten labazadas como función laboral. puag! Non había un xoguetiño canda nenas que cando se lle daba aos botóns a cada lado dunha base saía disparado un paiaso que se abaneaba adiante e atrás? Pois así vexo eu a estes Kenes (si, de Barbie e Ken) do terror, a este exército do medo, só que no lugar de xogar a voar, reparten LECHES a quen se poña diante, puig, puig, puig, adiante e atrás. Con máis ganas, canta máis rasta apareza, nada, pura deformación profesional! gajes del oficio! puag! E xa está. Non penso volver falar disto... que iso é o que queren: atrapar a atención sobre o non-traballo / non-rendemento dos políticos, para que quedemos falando da forma, con carraxe ou medo. Que comecemos a sentir os un, dous, tres, centos, milleiros, millóns de golpes que imos recibir...puag!, díxeno xa?
[Foto: A Gran vía fai un par de horas, manifestación espontánea, dende a concentración no Prado contra o "desaloxo" violento das marchas acampadas no Prado desta mañá, marchamos pola rúa - cortándoa- ata sol! Agora de volta para o congreso... ISTO NON SE PARA!!! Algúns xa seguiron a marcha rumbo a Bruselas!!! // A segunda foto é brutalísima, unha verdade como unha casa!]
Ningún comentario:
Publicar un comentario