domingo, 17 de xullo de 2011

Róubame o reflexo!


Que bonita a idea de vernos dende outros ollos e gustarnos e querernos. Que bonito que me vexan como unha espía con cámara que ás veces está onde suceden fermosísimas imaxes, onde acontece a Vida Violenta. A salvaxe, a de queima os cartos e baila, a de a nosa Venganza é ser felices. Iso é: V de Vendetta.
Dime que esas fotos marabillosas que vou deixando neste papel dixital, son faragullas miñas e non podo máis que sorrir por dentro: a letra pequena ás veces non queremos vela. Onde eu digo fotoroubo ela le asina: a que escreve. Que  triste ás veces ter que vernos dende os cristais colorados da outra para querernos intensamente. Nomearnos dende a que nos respeta (¿?) para coidarnos máis -desfrutándoo- unha fin de semana -por exemplo- na que xs amigxs están fóra da cidade, unha delas por aquí anda pero como se non estivera... Que ben, que belo recuperar os lentes favoritos canda nena, en forma de corazón e volver ser eu primeiro dende os iris dela... en realidade dende este meu único iris, salvaxe, no mesmo centro da pantalliña que a fronte, e a noite -esta bocado de noite que paso con ela-, enmarca e pecha.





[fotoroubos a fuckyeahfemmes, agás leela que a atopei na maraña da rede]

Ningún comentario:

Publicar un comentario