venres, 22 de xullo de 2011

Só de chanzos está feito o camiño. M-talá. a resposta a tantas cousas

cando me dispoño a escrever isto abro o correo. Atopo a unha morea de azafatas vermellas. Digo unha morea sen saber se na miña lingua significa o que quero. Sen saber se morea podo usalo para humanas, quero dicir e sei que todxs xs galegxs me entenden e cecais os de outras latitudes, pero os de aqui preto len isto como len pensan na poesía. Coa mesma distancia, co mesmo prexuizo desprestixiado na invisibilidade que nos leva a afirmar que non somos racistas, por exemplo. Si, non viñemos a cabalo dun unicornio como a nena de provincias que desaparece do panorama poético nacional (espanhol) igual que vén fulminante e ensoñadamente. Non viñemos pra quedar nunca e niso radica a nosa valentía: non valemos nada, os nomes e apelidos non nos casan porque non van acompañados dunha chequeira -única gloria do noso tempo- nin dunhas relacións máis duradeiras nin dunha clase de recoñecemento - de volta como estamos dos acontecementos-. Si, eu que cría que había algo belo, algo intenso en mudarse de cidade por un poema, por unha pel. Eu que cría na linguaxe que relaciona a puta poesía coa puta intensidade da deconstruída linguaxe informática -mínima expresión do acontecer das nosas veas- eu que cría en que tódalas estrelas da noite, desta noite poderían brillar a un tempo, agora vexo que non, que non, que é o que ti digas - incrédula- que é o que ti consomas - nena brancuxenta- que é o que ti desvías - parva, odiosa intensa-. Puag, durmo revolta por me roubar o soño, por igoalar esta palavra que adormece á que nos leva intensamente, son(h)o, e ódiote, ódiote de veras, mentres adormezo entre versos que me separan do equilibrio do teu cerebro -que fuxe das miñas tatuaxes- do eléctrico, do que para a mercar tabaco nalgures e cando lle din que non sinte ganas de pegarche nos pés traslúcidos,  e ódiote, ódiote cando te miro completamente abraiada, mentres metes a chave correndo, soñando liscando para que eu nin berre, non diga,  nin desexe.



foto: un poema non como outro calquera. Sexamos brancas, mintámoslle ó certo...
ou mellor pensado, segue a ser branca ti, eu serei in.tensa...

Ningún comentario:

Publicar un comentario