luns, 11 de maio de 2015

Consellos para escribir de Caitlin Moran

Caitlin Moran aconsella aos que temos un traballo creativo, aos que escribimos. Déillovos unhas notas que recollín sobre o video (en galego).



*Obesionarnos co que queremos facer. Non crer nunca que é demasiado. Ler, ler, ler e ler. Buscar referentes debaixo as pedras.

*Buscar o propóstito do noso traballo. Preguntarnos sobre qué queremos escribir por un lado, e por outro ver as lagoas que hai, o que non está feito.

*Deixar que a raiba non traspase ao noso traballo. O cabreo. Usar esa forza como gasolina para escribir. A xente escoitará o discurso afectado, pero quedará coa emoción, non co contido, así que non falar dende aí.

*Ser amable con todo o mundo. Linda e educada con todo o mundo. Non bichear. Ser esa lovely person á que todo o mundo quere coñecer, para saber se é tan maravillosa como din.

*Comer carameliños ou chocolates sempre que  teñamos que facer unha chamada difícil. Así asociaremos este deber a algo tambén pracenteiro.

*Deixar de ser fascinante e simplemente ser unha mesma.

*Incluir isas malas experiencias de xuventude como ideas boas, experiencias sobre as que escribir ou das que roubar o ton. Facer un saquiño con elas para non sentirse mal. 

*A maxia dunha carreira creativa vén do traballo e do amor ao que un/ha fai. Coma as perlas e os mobles que se poñen bonitos co uso, debemos adicar ao noso 4 horas máis de traballo que lle adica a persoa que coñezamos que máis tempo lle adica. Así vén a maxia, nos resultados.  

*Se alguén che di YOU CAN'T DO IT, engade o YET. Se alguén che di NON O PODES FACER, engade AÍNDA.  Non o podes facer aínda. 

;)

Ningún comentario:

Publicar un comentario