venres, 15 de maio de 2015

Impresións rápidas sobre "Güeros" de Alonso Ruizpalacios (2015)


Güeros narra el encuentro etre Sombra y su hermano menor, Tomás, quien lo visita en la Ciudad de México tras algunos sucesos desafortunados en casa de su madre. La llegada del joven Tomás imprime energía a la monótona vida de Sombra y su amigo Santos, la cual parece estar en pausa tras la huelga de la UNAM. Juntos, deciden emprender un viaje para encontrar a un legendario músico que escuchaban de niños, y cuyo paradero es desconocido dsd mucho tiempo atrás. Esta búsqueda, atravesando las fronteras invisibles de la Ciudad de México, los llevará a dscubrir que no pueden huir d sí mismos.

Por veces nouvelle vague, pero moito máis preto do Cassavetes, "Güeros" é un filme interesante pero faise algo lento. Están ben as súas ganas de perseguir ás personaxes que corren, camara en man: móvese toda a pantalla; está superben grabar o son como vén: unhas voces máis altas que outras máis importantes para a trama, deixar que sature todo cando os protagonistas caen polas escaleiras... 
O que máis me gusta é o que salva toda ista intención técnica, que os propios personaxes falen desa peli que está sendo filmada, ese guión que está ben, esa intención de facer unha peli en branco e negro sobre a realidade mexicana... É dicir, o director, e as personaxes recoñecen que está desfasado facer isto no 2015, pero a un tempo, quere amosar qué pasa co experimento de facer isto nunha "película mexicana" pois reconoce que os nosos referentes, daquí, de Europa, non terían por qué ser os deles, e se o son, pois a cousa debería ser así... Así que a min isto, isto me encanta... porque voltamos ao eterno tema de qué mala broma é que Latinoamérica teña referentes artíticos europeos... 

Outro dos aspectos que máis me gustou, foi a personaxe de Tomás ou Tomé. O irmao pequeno. Non falaba moito e cecais nunha segunda visión da peli non é un personaxe redondo, pero a min só esa mirada calma e limpa sobre as cousas, e esa paixón para perseguir ó seu soño, que nesta película está materializado nun músico ao que escoitaba seu pai cando el e seu irmán eran nenos... cautivoume.
Engrosa ademáis a miña lista de nenos e nenas cinematográficos favoritos. 

E xa por último, tamén me parece bonito o título Güeros que aló polo pais mestizo significa branco, catire, loiro... e seica é un insulto, ou pode usarse con connotacións negativas.  E abraiante é  o percorrido pola Cidade de México que nos dá a película. Coa excusa de ir buscar ao músico favorito, é dicir, coa excusa da road movie -si, tamén están fuxindo a un tempo- caemos en varias zonas e barrios da capital do país... podendo ver distintas clases sociais e linguaxes... e profundizando nesa folga universitaria da que eles fuxen, facendo todo o posible por permanecer neste limbo de escapar das obrigas e a responsabilidade de saber qué queren.

Nada máis. Non quería deixar de anotar rápidamente estas impresións sobre esta película. Boas noite e soños brancos. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario