venres, 11 de maio de 2012

Non se nos pode atrapar


(Un amigo músico meu sempre di que el cando un grupo se lle está consolidando, comeza sentirse incómodo. Comeza a ter seguidores que esperan algo del. Á xente que o se vai sumando espera ver ao seu artista favorito nas revistas que elixe seguir. Comeza o circo... e el di que contra iso, hai que despistar, cambiarlle o nome ao proxecto, ou rematalo e facer outro. Que só dende esa liberdade pode crear e sentirse libre de dicir o que quere e así participar no mundo dende a arte que di cousas que non queren ser oídas.)

Comezo a comprender mellor as súas verbas sobre o despiste. Sobre o ciclo da metamorfose sen pausa. Comezo a saber de qué fala. Porque normalmente tento deixarme levar e crer e crer e non ver as diferencias -ou velas todas no persoal e por iso a amenaza- pero non velas de idea, por fóra das persoas. Das persoas nas asambleas, pero hoxe e iso que o pasei de medo, comezo a entender a súa teima de despistar, de cambiar de pel e proxecto de non consolidar-se, non consolidar a nada. 
Si, o que me pode salvar é Fantasía, e como dentro da historia (story) esta maxia loita contra o avance da Nada. O adianto dos lazos entre pijos. O adianto dos postos dados. E sobre todo o adianto do xogo que se traen a mesturárense entre nós, a asemellársenos. Jeje. ó final é un/ha quen perde moito máis, a que está de pau neses contextos, jeje. E non o digo pola Ladyasamblea, que foi ben bonita, pero éche o que está no ar moi preto moi preto, e no que máis importa, nos importa: a puta , magnífica, belísima arte. 

O truco político está de moda. Di que es anónimo e asina as cancións. Di que es copy e vende os teus discos polo nome. Di que es de ______, que todxs somos iguais e garda os millóns, garda os postos a dedo por oposición, garda as cartas, garda as chaves do coche nun caixón. Gárdate baixo chave no fondo da posteridade e das viaxes transoceánicas que son o teu timón. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario