domingo, 24 de abril de 2011

Laboratorio dos soños

Seica non é un luxo achegarse e entrar nos estudios das artistas? persoalmente teño fascinación polos escritorios tamén, e aínda polas fotos da xente escribindo -cando parece que aí non está a pasar moito, un mundo está a xestarse tremendo por dentro... -, pero por suposto os coridos laboratorios da arte, son unha debilidade para toda creadora...
Tiven a sorte estes días non só de ir visitar ás amigas e amigos á súa casiña, senón de ver as cociñas da creación. Xenialísimo. Non me atrevín a facer fotos, claro, pero levo todo gravado na retina (ateigada de inspiración e admiración).


 B.F. e N.U.

3 comentarios: