...esta semana volvín sentirme como en Granada. Tanto que nos rimos do abraio dalgunhas amigas doutra xeración ante os bigotes esborranchados e os naturais, tanto que flipamos con aquela proeza da natureza feita carne, tanto que desexamos ter 19 e o pelo rapado sobre as orellas e vestir un negro tutú naquel salón de actos ateigado de política, ateigado de amor, ateigado de ruído sobre as miñas orelliñas trintañeiras... si, esta semana como aquela fin de volvín sentirme pequena, un ser diminuto, como se a máis anos me alonxara máis da miña orixe tola, como se a miña chama fixera só de misto nun enorme campo da feira no solpor, cando os carros xa marcharon e só ule ó meu sangue fóra do corpo, aínda me estás a chuchar e xa te fuches, cando o sol se pon e só sinto calor. e sinto o calor da metamorfose.
Ningún comentario:
Publicar un comentario