venres, 8 de abril de 2011

Alén, en Madrid


Esta é a miña mirada sobre eles, sobre elas, a selección de versos que funciona como poética... engado tamén uns versiños meus, para que quede unha imaxe completa do que podedes esperar da cita que temos mañá, na Marabunta ás 20.00h!
Boa viaxe!



*

Juntarei esta madrugada de licor enfermo
Com a manhá operária e marinheira

RAMIRO VIDAL ALVARINHO



para a loita este día
ai tan cheo de mentiras

MANOLO PIPAS



un aire deixou
de traer o seu encantamento
soluble
ás foxas nasais da cidade.

MARÍA N. SOUTELO



Por unha paz
       que se tingue de vermello
en defensa do nós
amor

ALBERTE MOMÁN



Sigo soñando con carballeiras inmensas inzadas de
xente comprometida.

ALBA MÉNDEZ



Ámote entón sen querer amarte

ALFONSO LÁUZARA



A cuestión social non pode ser patria
témola na pel

ROSA ENRÍQUEZ



Despois dun tempo de silencios voltei trala morte
e dinlle ás de bolboreta á noite
que me tiña engaiolados os beizos.
*
MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ



Estoupan pompas fráxiles
adoecer vivo
suxestión ardente
revestida de esporas.

ANA CIBEIRA






[Fotiños: eu fotografando o mundo e neste caso ós meus poetas... foto de toda a porta verde e achegadas na presentación de Vigo (Septembro 2010) e apertura da xira..., e capa do libro que presentamos mañá sábado 9 de Abril en Madrid]

Ningún comentario:

Publicar un comentario