venres, 28 de novembro de 2008

Disparando beleza

Antes o matizaba, agora estou totalmente dacordo con YC, sobre todo se miro cara adentro:

"[...] E pode que peque de inxenua, pero sempre tendo a refugar os principios "carencialistas" e os procesos defectivos, quero dicir, os que se definen substancialmente arredor daquilo do que carecen (como "certo" feminismo, como certas actitudes de "resistencia" cultural xa tan obsoletas); semellan salientar precisamente aquilo do que adoecen, e resultan impertinentes de puro derrotismo."



Palabras extraídas desta entrevista fai un ano en Galicia-hoxe.

xoves, 27 de novembro de 2008

"SOY 1 EXTRANJERO PARA DIOS/ PARA LA POLICÍA/ PARA MÍ MISMO"



ESCRITO EN LAS COSTILLAS VOLADORAS DE MI SLEEPING BAG


Importa tanto / la manera de sacudir las botas
las muecas-sube & baja / las cosquillas agridulces que le provocas
al paisaje
tu risa de cascada antes & después
& aun durante 1 crucigrama – autostop /1 chiquilín golpeado
que hayas resorteado tus sentidos & tu piel
cruzado muros o miradas que aún no saben del placer de verse
radiografiadas con las manos en la masa
Importa tanto tu respuesta-resplandor / tu navajazo-pintarrayas
la cumbiahorizontal / el kamasutracaudaloso
que comiences a silbar
apenas palpes tan en ti / tan en los otros
tu descompostura: su lesión
el chirrido de las lágrimas nadando en la sartén / eléctrico sartén /
donde te escapas o te fríes.


MARIO SANTIAGO PAPASQUIARO



Guzán, Raul & López, Rebeca (eds.), Jeta de santo. Antología poética 1974 – 1997. Mario Santiago Papasquiaro, Fondo de Cultura Económica, México D.F., 2008



Poema manuscrito por Mario Santiago Papasquiaro (collino do blog: www.literaturaylibres.blogspot.com; o pé da imaxe orixinal é "cedido cuatemente por el cuate Bruno Montané K.").

mércores, 26 de novembro de 2008

Neve sangrada



Añadir leyenda
Os lectores galegos temos a sorte de que sexa o interesante Xoán Abeleira o que traduza a súa poesía completa ó castelán; ó menos eu, estou á espera da edición correspondente na nosa lingua (jiji!), pero mentres -e continuando o número adicado á millor poeta do mundo fai un par de anos- a REVISTA DAS LETRAS do noso único diario en galego, publicou fai unhas semanas este monográfico adicado a ela:

SYLVIA PLATH





Con espiñas

(doble click na imaxe abre a reseña)

"Traje conmigo a Francia mi precioso pañuelo. Como un estandarte que hubiera hecho muchas campañas, sus colores ahora están apagados.
Es ahora cuando lo encuentro más hermoso. Está acribillado de agujeros mi pañuelo. No fueron las balas las que lo llenaron de estrellas, sino mi primer cigarrillo, aquel prodigioso día en el que, con mano torpe, enrollé el tabaco que un ruso me dió".


ELINA, ODETTE, Sin flores ni coronas, Periférica, Cáceres, 2008. [Postfacio de Silvie Jedynek]

martes, 25 de novembro de 2008

Capas de ozono



Ás veces é necesario ver os entresixos editoriais para lembrar que custa moito facer as cousas, pero non só a unha mesma, e que hai que seguir; e tamén que o millor é o camiño e as persoas que atopamos nel, a pesares do durísimo que é lidiar entre nós na invisíbel liña do traballo artístico no que o persoal e o material (¡digamos, en vez de profesional!)se mesturan dando lugar a cócteles explosivos...
Digo todo isto pola reseñiña que Arnau, do fermoso e poderoso selo OZONO KIDS (do que vos recomendo en primeiro lugar ó galego MIGUEL PRADO, a súa "máscara de sangre" é imprescindible*) fixo sobre o proceso de sacar á luz o disco dos meus amigos ENSALADILLA RUSA, ese marabilloso grupo ó que non cheguei a ver en vivo e que vos aseguro que é un dos tres desexos da miña lámpara marabillosa...¡jijiji!

¡Hai que seguir e con ganas!

*Máscara de sangue distribuíao tamén o incrible colectivo ARTO ARTIAN, agora mesmo está esgotado, pero pode baixarse da páxina do propio Miguel Prado!!!

luns, 24 de novembro de 2008

Lóstrego de testosterona




De Lightning Bolt me flipa en primeiro lugar que toquen entre a xente, non fronte á xente , nin para a xente.
A música é pura enerxía que enxordece e altera. O sábado, para o meu gusto, estiveron too much hevirulos, pero paga a pena ver unha proposta tan radical, intensa, absulotamentelibre e apaixoada fóra do circuito do punk ibérico... (qué envexa que haxa, neste caso que houbera, sitios como FORT THUNDER -okupa creativa da que formaban parte, xunto con moitas outras/os artistas en Providence- fóra das nosas fronteiras...)
Ademáis o hiperactivo BRIAN CHIPPENDALE é un debuxante alucinante e alucinado ó que de verdade perseguir...

Enriba da miña mesa, un documental emprestado que vai de xira con eles e parece que é incrible: THE POWER OF SALAD & MILKSHAKES, ¡xa vos contarei!





¡Recomendo que lle botedes unha ollada ás fotos da okupa, unha pasada!
Aquí, tres de mostra...

sábado, 22 de novembro de 2008

Illas de tinta



Estes días está TOMÁS SEGOVIA dando un taller de "artesanía poética" na Residencia de Estudiantes* en Madrid e esta noite tivemos a sorte íntima de desfrutar del en Arrebato, unha librería que chama a atención por ser de segunda man , pero ó meu parecer con criterio; ademais non sei se está especializada en poesía ¡ou simplente é que a coidan con entusiasmo! Boa mostra disto é o FESTIVAL POETAS POR KM2 que organizan cada ano, un maratón que celebra o xénero en vivo interdisciplinariamente (¡e eu tiven a sorte de participar nel no 2006 xunto con Elena Medel, ela texto e eu imaxe&son!). Por se isto fora pouco, teñen especial importancia na libreria as editoras pequenas e independentes, e aquí sí existen a autoedición e os fanzines. Todo un luxo de contexto para saborear os poemas de Tomás Segovia.

Esta inmovilidad de ojos atónitos / y postrado lenguaje / que me encadena a estar presente / en la ausencia de mí / a esta sombría suspensión de mi latir difunto / le pregunto / si he de morir sin haberme lavado / de tanta sucia soledad errática / y qué sol me podrá secar un día / de aquellas cavernosas aguas pútridas / donde he chapoteado tanto / mirando tiritar la vida / desfigurada por la llaga obscena / del amor omitido»
Tomás Segovia
*Segredo a voces: Elena Medel asistía coma min ;)

xoves, 20 de novembro de 2008

¡Noite pecha e suorosa! ¡ja!

SUDOR, eléctricidade pura, como sempre (substituíndo a NO FUCKER, que non puideron voar); SILLA ELÉCTRICA entregados; e CRIMEN DE ESTADO, apaixoadísimos... é o resultado de unha noite SÓLO PARA PUNKS, jeje, é broma, uso o bonito nome co que Jorge acaba de bautizar ó seu novo selo: ¡Benvido!




¡Aquí as veloces SILLA ELÉCTRICA!

martes, 18 de novembro de 2008

Planeta negro


dobre click na imaxe deixa ler a reseña!


Unha compañeira de viaxe poética (Transgeneración 1.0., Málaga, 2007), Carmen López, ten un novo libro e atópoa por casualidade nunha revista no traballo. Aquí está a reseña (creo que o dobleclick a agranda e a deixa ler) e un poema seu, que collín da súa páxina e que me chifla! Noraboísma, Carmen, ¡que ganas de felicitarte en persoa!

In media res

Hoy debería ser jueves
perfecta mitad de la semana
o un espléndido mayo
casi pasando el ecuador
y yo debería tener quince años
en mitad de la pura vida
pero a los treinta sabré
que a la entera muerte nada le importan
las medias tintas
ni las medias ocres sin calor para el verano
ni la medianeza de un locus amoenus
interrogado millares de veces en toda la tierra
porque siempre brilla como una exclamación
en mitad del espacio
aunque aún no he comprendido
qué es el infinito o qué significa la eternidad
cuando doy vueltas al café de la mañana
y el azúcar se derrama sobre la mesa negra
como astros diminutos en mitad del universo.

 

domingo, 16 de novembro de 2008

Noite pecha



Onte noite divertidísima de harcore (es punk radikal, jeje!) na CSO El cierre !!! Os meus favoritos, Sudor, pero Depósito de cadáveres tamén me fliparon.



E o mércores as magníficas Silla eléctrica, os esperados No fucker e os anarcobarceloneses Crimen de estado. !!!

¡¡¡Gracias Jorge por recomendarnos CONDENADA, xa son as miñas favoritas!!! Forza chicana!!!
¡Podedes escoitalas aquí!

sábado, 15 de novembro de 2008

venres, 14 de novembro de 2008

O corpo desaloxado



Levo uns días coa cabeza soterrada nos libros de Miriam Reyes. O motivo, unha reseña que pronto verá a luz nunha revista que aínda descoñezo , pero cuxa editora respeto, e moito.
É incrible como esta poeta dende (ben, cecais non o primeiro verso publicado) pero si dende o primeiro paso en firme dado en forma de libro, xa ten a voz que é ela e o pulso firme da que invita...
Estou entusiasmada. Penso que medrei: cando collín Espejo negro por primeira vez tiven que lelo cunha soa man, e non no sentido que estades pensando; de verdade que agarraba o libro de pé e no ar e coa outra man por veces me collía a fronte e por veces me apoiaba na parede que a cegas buscaba. Doíame. Agora tamén, pero doutra forma. É como se me puidera meter dentro, na súa pel, e despois sair e ser eu mesma, aínda que dorida, zarandeada, con nauseas, si, pero ó fin eu. Agora podo ler.
Non sei se me entendedes.
Coñezo a moita xente devota da literatura á que non lle ten pasado.

Pero ben, quérovos recomendar non só as súas verbas, a súa páxina, o seu rastro... senón tamén unha entrevista en Nosotras en el mundo (xunto con Laura freixas) deliciosa... e tamén a súa ultimísima poética que temos a sorte de degustar xa que aparece no catálogo do encontro "Femigrama" que se está desenrolando estes días de Novembro. ¡Quedades en boa compaña!

[Fotos: a xenial e novísima suicida Francesca Woodman]
 
 

martes, 11 de novembro de 2008

"[...] e iso é o que quero para min, unha vida e uns desexos autoxestionados [...]"

Hoxe unha amiguísima miña envioume unha carta preciosa sobre unha conversa que tiñamos que rematar, sobre o noso andar funambulista pola vida... as súas verbas son espelliños que quentan con só mirarse neles:
"E si que creo nunha loita concreta, real e explícita, colectiva. Do mesmo xeito que creo na acción individual cada día, na vida pequena de cada unha, nas relacións persoais, amorosas, familiares, laborais… en intentar buscar recursos e vías creativas para que as nosas vidas sexan propias e novas, distintas do que pretende impoñerse e xa é normativo/normal."

venres, 7 de novembro de 2008

Xémeas



Puxen esta foto de cabeceira, que xa fixen fai un par de aniños, porque onte estiven la presentación da primeira novela , Tiempos gemelos, da miña amiga María Zaragoza e dende que lle anda rondando un proxecto precioso con forma de boneca na cabeza, as maniquís e ela para mí están endiañadamente unidas.
Falando da noite: facía anos que non ía a un evento con tanta xente. Non sei se foi polo Hotel Kafka, polo Gala, pola Asociación de escritores que lle axudou ¡a ela! a organizar o evento, en fin que quedei abraiada co xentío e a interese. Claro que ademáis da subterraneidade que frecuento, cecais ten que ver que fora unha presentación narrativa e non de poesía.

En todo caso o pouquiño que lin da novela de María, pareceume interesante: escrita dende unha distancia teatral e cunha linguaxe real, non botaba para atrás nin sequera a unha desertora da narrativa longa como son eu estes días.

Adiante nena, estabas reguapísima, ogallá e atope unha foto túa ó Mia Wallace para o album dos días violentos: ¡muuuua!; mentres, a de ficción: