martes, 25 de novembro de 2008

Capas de ozono



Ás veces é necesario ver os entresixos editoriais para lembrar que custa moito facer as cousas, pero non só a unha mesma, e que hai que seguir; e tamén que o millor é o camiño e as persoas que atopamos nel, a pesares do durísimo que é lidiar entre nós na invisíbel liña do traballo artístico no que o persoal e o material (¡digamos, en vez de profesional!)se mesturan dando lugar a cócteles explosivos...
Digo todo isto pola reseñiña que Arnau, do fermoso e poderoso selo OZONO KIDS (do que vos recomendo en primeiro lugar ó galego MIGUEL PRADO, a súa "máscara de sangre" é imprescindible*) fixo sobre o proceso de sacar á luz o disco dos meus amigos ENSALADILLA RUSA, ese marabilloso grupo ó que non cheguei a ver en vivo e que vos aseguro que é un dos tres desexos da miña lámpara marabillosa...¡jijiji!

¡Hai que seguir e con ganas!

*Máscara de sangue distribuíao tamén o incrible colectivo ARTO ARTIAN, agora mesmo está esgotado, pero pode baixarse da páxina do propio Miguel Prado!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario