sábado, 31 de outubro de 2009

Cubertas de terra


Doulle a benvida ao noso fermosísimo mes no día dos mortos. E como homenaxe, dúas das nosas mortas favoritas!





felicidades, novembras miñas! por unha festa escorpiona fermosa con todas!

martes, 27 de outubro de 2009

reloxo de area



Xa debe quedar só un mesiño e medio para poder desfrutar da expo de MARÍA RUIDO no CGAC!!!

martes, 20 de outubro de 2009

O teu motivo a miña serpe



Paso a fin de semana escribindo un poema por esta foto. Foi impresionante ver á Woodman non só en papel fotográfico senón en movemento nas cintas-xoíñas que están expoñendo na galería La fábrica. Experimentos performáticos dunha noviña Francesca chea de vida. Unha sorte poder gardar o chimpo do corazón e tanta beleza construíndose diante dos nosos ollos no peto, na retina e na memoria.

[no video que vos enlazo: Fernando Castro Flórez, qué bo gusto ten! aínda lembro o seu artigo denso e doce sobre Deborah Paauwe!]

Querida Yoko



Terceiro incendio collagero do noso grupo HUMOR VÍTREO. Por se vos interesa!

Editámolo: corazón salvaxe & afeite al perro.

luns, 19 de outubro de 2009

Con tinta de sangue


Fai días que alumea unha veliña no meu cuarto, eu que son tan pouco dada a elas, e hoxe souben por que. Chegan á par a forza de Angélica falando de Juárez e a carta de Nuestras Hijas de Regreso a Casa que anuncia a decapitación dunha activista e de novo a total impunidade, o cego silencio e o negror profundo da cidade.
Convócannos, acenden unha veliña nos nosos corazóns sempre quentes, sempre arroupados, e volven berrar neles, abríndoos, guindándolles unha cruz diante, unha cruz real, unha cruz de pel, unha cruz de pel humanA.
E de novo repítese a historia.
Por iso doulle voltas a todo por ver qué podemos facer e nisto que a chamiña móvese, alóngase, treme porque un libro entra no buzón: vento de verbas, puñetazo salgado que me fai sangue que se mestura coa tinta. E mancho negra o resto da noite. Poemas que poden levantar unha árbore. E a miña admiración total por quen o firma. Humedecendo o cristalino o libro pide: imos recitar o nome de cada unha baixo a lúa. Alto e claro a modiño o nome de cada unha. E mancho negra o resto da noite.



Sinaturas e máis información: http://www.mujeresdejuarez.org/

luns, 5 de outubro de 2009

Sorpresas!



Un dos meus artistas favoritos - HAZ - reseñado polo miúdo (o seu arte, a súa musica e o seu traballo no selo e editora subterranea afeite al perro) nunha revista fascinante: MUNGBEING!

venres, 2 de outubro de 2009

Saltas ou morres


PISCINA

Me lío un cigarrillo. Si mi abuela me viera le daría un infarto. Y no será por disgustos: los libros de Burroughs, mi novio gótico, los poemas guarros, mis amantes gabachos, y más tarde los parches anticonceptivos. Parece tema tabú que las niñas no se quieran quedar embarazadas. Como el tío del otro día en la cola del supermercado, criticando la ley del aborto, como si fuera satánico el hecho de que podamos decidir sobre nuestros vientres planos. Si cada martes de mi vida me pego un parche en el muslo, no es por vicio, joder, que el invento cuesta casi veinte napos. Si decido hormonarme hasta la médula o comprar cajitas de condones finos, es por puro miedo. No quiero ser madre. Me gusta salir y fumar petas con Marta. Me gusta ir a conciertos y a bares. Me gusta estar sola. Muy sola. Pienso esto mientras fumo y espero a los colegas en la piscina. Casi nunca voy. Pero hoy el sol pega tan fuerte que el chapuzón parece urgente. No llevo lectura ni toalla. Sólo me preocupa que el Parche de la Libertad no se despegue con el cloro.


LUNA MIGUEL ("Ladras o mueres" en Público, Agosto 2009)

O collage saturado é meu

Superlativas

M.H.
T.M.

Atopo unha semellanza corrosiva e pracenteira entre as patinadoras de TRACEY MOFFAT e as paralizadas sangrías de MERCEDES HELNWEIN. Seica as imaxes, as artistas que nos marcaron no principio dos tempos, e grazas ás que soterradamente sentimos ese tremor da terra polo que decidimos mancharno-los dedos, están sempre eiquí! Estes días me reatopo coa bendita Tracey Moffat de "Guapa", a serie de patinadoras que xunto a outras -sacadas dos seus westerns almodovarianos- foron chanzos amarelos cara a mín mesma sen decatarme sequera a finais dos noventa. Aquí están revoltas no meu imaxinario, e para a fin de semana levo no peto da lembranza o seu video-vouyeur de surfistas californianos(?) cambiándose tralas portas do coche a carón da praia... jejeje, por aquí Setembro segue soleado!

Máis Helnwein:



Bendito CGAC dos meus ollos!

Máis Moffat:

venres, 18 de setembro de 2009

"A Melancholic Time Travel"



Ó fin nas miñas mans! Grazas por tanta beleza, N.!



tódalas fotos ©frosk.org
agás a do libriño que é miña!

luns, 14 de setembro de 2009

14 de Agosto exquisito


"Por tí mi mano de mortal materia

ha tocado los dedos..."


PEDRO SALINAS



Atravesar todas as terras mortais para fundar un porto,

facer unha volta ao veludo negro deste lazo

e pousar os beizos no mural de Lugrís.

Agárdante entre perrier e soños dourados sobre fondo negro,

coa voz ecoando libre, vouga de sal, a derramarse,

esmaga o presentimento de que o anel será promesa

e o lazo ábrese e faise nó.

E só quedan os versos que un día escribimos, soñache,

respirei coma ar envelenado.

Volver é ter outro momento para ser,

para ter a lingua fóra como se acabasemos

de abrirnos as esposas, fundido en negro

mentres esculcamos a carón de Salinas todos os camiños

que nos guían sen remorsos cara adentro da espiña central.

Detémonos un momento, se cadra, na espera

coa forma da nosa man coa que pechamos libros, abrimos pernas, tinguimos panos.

Subimos chanzos, escorremos a louza, deixamos a secar as palabras,

xusto no epicentro da Polar na (nosa) fronte.

Venus é o planeta que máis brilla. Dixéchesmo ti.

Agora apañades as estrelas, convidadas todas,

pechamos os ollos e

decidimos que voen as palabras da amizade.


(O noso -de Teresa, Dores, Emma e máis meu!- cadaver exquisito este agosto na Coruña!)